> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/creacion_de_cursos.md).

# Creación de cursos

Crear un curso é rápido e fácil, e pode facerse dende a páxina de *Os Meus cursos*

![](/files/-MFUo4jBa6HmkWac2O3N)Ilustración 12: Bloques del menú de usuario

.

Nota : en algús portais, os profesores poden non tener permisos para crear novos cursos e simplemente é o administrador quen les asigna cursos xa creados.

Dalle clic en *Crear un curso.* Cumplimenta os campos obligatorios (ver Ilustración 13: Creando un curso – versión corta) e fai clic no botón. Xa está.

O curso será visible para o creador do curso e (posteriormente) polos usuarios inscritos ao mesmo. Por defecto, a persoa que crea o curso é responsable da administración do mesmo. Xeralmente será denominado o **Propietario do curso** ou o **Creador do curso.**

Para crear o curso, só precisas introducir un único dato, o título ou nome do curso.

![](/files/-MFUo4jJ1qysXrAAHFCK)Ilustración 13: Creando un curso – versión corta

Facendo clic no enlace de *parámetros avanzados*, preséntanse opcións adicionais (totalmente opcionais):

* *categoría,* a elixir dun campo auto-completado (opcional),
* *código do curso* Introduce un código que corresponda co título do curso, por exemplo mediante unha clasificación numérica (ten en conta que aínda que se introduza en minúsculas, o código automáticamente será convertido a maiúsculas e os símbolos (como *, -,* e espazos\_) serán eliminados,
* *idioma* empregado para mostrar o entorno do curso (nada che impide usar, por exemplo, Francés aínda que a plataforma esté instalada en Inglés). A elección de idioma non influe no contenido do curso, só na interface.
* opcionalmente, o curso pode ser completado con algúns **contenidos demo** para orientar ao novo administrador do curso sobre a clase de recursos que pode crear no mesmo (normalmente un exercicio, foro e unha sección de introducción). Tamén pode ser creado completamente en blanco.

![](/files/-MFUo4jR4aCSu2Ege4nD)

Ilustración 14: Crear un curso – versión extendida

A páxina seguinte que aparece na creación do curso suxire varias posibilidades:

* ir directamente ao recén creado curso (a través dun enlace co título do mesmo),
* ir directamente, facendo clic no icono correspondente, a un dos pasos máis frecuentes na configuración do curso:

![](/files/-MFUo4jZfkQerC-uS_3r)Ilustración 15: Creación do curso – continuación

Coa estrutura vacía xa creada, o seguinte paso é enriquecer o curso coa adición de texto, documentos multimedia, pistas de audio, enlaces, etc.
