> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/interactividade_exercicios/reuso_de_preguntas_existentes.md).

# Reuso de preguntas existentes

Cualqueira pregunta creada, independentemente da prueba ou curso á que foi vinculada, almacénase na base de datos de preguntas. Este almacén de preguntas pode ser moi útil para os profesores que queiran reutilizar preguntas que son moi xerais ou, se precisas preguntas para servir como "recheo" cuando estás falto dun par de preguntas nunha nova prueba...

Durante a creación da prueba, a base de datos mostra as preguntas de outros exames, así como preguntas orfas (é decir, as cuestións que perteneceron a unha proba que fora eliminada).

Cando a base de datos de preguntas móstrase, presenta unha lista con todas as preguntas existentes dentro do curso. Aquí é onde a asignación das preguntas ás categorías e a adición dunha dificultade para as probas pode resultar moi útil para identificar as preguntas individuais: utiliza as listas despregables de *Filtro* e *Dificultade* para filtrar as preguntas adecuadamente.

Para acceder á base de datos, fai clic na icona de *reciclar preguntas existentes* ![](/files/-MFUo4nbAbGuv2VHBJkc)*\_tal e como aparece na páxina \_Crear unha pregunta* xunto cos distintos tipos de preguntas:

![](/files/-MFUo4noM-ZcaUIeix-g)Ilustración 69: Exercicios – Base de datos de preguntas

Fai clic no botón de *Reusar na proba actual* \_![](/files/-MFUo4nw1gq1d-M2eHoe)\_para incluir a pregunta na proba actual. O que en realidade ocurre (en Chamilo 1.9) é que unha copia da proba antiga inclúese na proba actual, de modo que pode ser editada na nova proba se é preciso, sen que o seu contido ou configuración véxanse alterados na proba na que foi orixinalmente creada.
