> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/introducion/a_quen_esta_dirixida_esta_guia.md).

# ¿A quén está dirixida esta guía?

Este manual foi redactado pensando nos educadores: profesores, titores, preparadores, instructores e outros involucrados na educación que se atopan coa responsabilidade (ben por elección ou por necesidade) de xestionar un curso de e-learning.

Entrar no mundo do e-learning pode presentar un reto complexo, incluso desalentador, pero cremos que Chamilo LMS en sí mesmo proporciona unha solución de benvida para os recén chegados. Aprendendo a utilizar Chamilo percorrerás unha boa parte do camiño na vía para chegar a dominar moitos aspectos chave do e-learning.

Se eres xa un educador con experiencia en e-learning, poderás atopar nesta guía unha útil e detallada explicación para traballar con Chamilo, e permitirate mellorar as túas habilidades na utilización de ferramentas de e-learning para desenvolver os teus cursos.

Chamilo ten dous obxectivos principais:

1. Apoiar ao profesor para unha mellor resposta ás necesidades dos seus alumnos, e
2. Facilitar a construcción e edición de materiais dixitais de alta calidade para e-learning que o profesor pode non só crear senón tamén desenvolver para mellorar continúamente o contido dos seus cursos.
