> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/organizar_os_cursos/categorias_personais.md).

# Categorías Personais

Para empregar esta funcionalidade ve a *Os Meus Cursos*, selecciona o enlace *Ordear os meus cursos* para chegar á páxina da ferramenta de organización dos cursos. Fai clic na opción *Crear unha* *categoría persoal de cursos*, e completa o nome da categoría que desexas. Por último, fai clic no botón *Engadir categoría*.

![](/files/-MFUo4ls55BGt8WVCcfK)Ilustración 18: Ordear os meus cursos

![](/files/-MFUo4m2THd_6TFnnV-Q)Ilustración 19: Formulario de creación de categorías personais

A categoría persoal creada aparece nunha lista na parte inferior da páxina. É posible crear varias categorías persoais de cursos.

![](/files/-MFUo4mGWEVQ8g73K8DL)Ilustración 20: Categoría persoal creada

Pulsa sobre o icono de lápiz que hai ao lado de cada curso para asignarlle unha categoría. No menú despregable que aparece poderás elixir a qué categoría queres asignar ese curso. Unha vez elexida a categoría pulsa sobre o botón de confirmación. Cos cursos ordeados e vinculados a categorías persoais, os cursos na páxina principal quedan máis organizados. Os cursos non asignados a unha categoría persoal móstranse na parte superior da páxina.

![](/files/-MFUo4mQ8SVJP1M2-c3r)Ilustración 21: Categorías persoalizadas de cursos

Para eliminar unha categoría, pulsa sobre a cruz vermella e confirma a túa elección.
