> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/paxina_principal_do_curso/ferramentas_de_administracion.md).

# Ferramentas de Administración

O grupo de utilidades da sección de *administración*, ás que o estudante nunca debe precisar aceder – e polo tanto non existe opción de ocultar ou mostrar as ferramentas – está deseñado únicamente para uso do profesor.

![](/files/-MFUo4icWkhzeR44BPWU)Ilustración 28: Ferramentas de Administración

## Xestión de blogs <a href="#xestion-de-blogs" id="xestion-de-blogs"></a>

![](/files/-MFUo4imcMYyz7Z4kHlB)Aquí o profesor puede crear novos *blogs* visibles e dispoñibles para os estudiantes na sección de *Creación de contidos*. Un blog integra xestión de tarefas e usuarios a través dun calendario dentro da propia ferramenta, proporcionando unha xestión efectiva de proxectos colaborativos.

## Configuración do curso <a href="#configuracion-do-curso" id="configuracion-do-curso"></a>

![](/files/-MFUo4itMB3mZdy973zV)Xestiona os parámetros de configuración do curso coma profesor. Estes parámetros están ordeados en varias secciones:

| ![](/files/-MFUo4j7NAZra3FZDnpH)![](/files/-MFUo4jNMeh33yuwklle)![](/files/-MFUo4jFrcQlLjzLk0aB)![](/files/-MFUo4j2q1ZCSBgbR1fT)![](/files/-MFUo4ixwBgfdSJj7IDm) | Configuración do curso                                  | Xestiona e actualiza elementos como o título do curso, categoría, idioma, imaxe, etc.   |
| ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- | ------------------------------------------------------- | --------------------------------------------------------------------------------------- |
| ![](/files/-MFUo4j-p-IrtmnTDLhp)                                                                                                                                 | Aceso ao curso                                          | Configura o aceso ao curso (visibilidade, suscripción e outros permisos)                |
|                                                                                                                                                                  | Notificacións por e-mail                                | Configura o comportamento dos avisos por e-mail                                         |
|                                                                                                                                                                  | Dereitos do usuario                                     | Configuración da axenda, anuncios, ou mostrar imaxes no foro                            |
|                                                                                                                                                                  | Configuración do chat                                   | Configura cómo se abre a ferramenta chat                                                |
|                                                                                                                                                                  | Configurar a ferramenta leccións                        | Permite habilitar o tema gráfico nas leccións, así como outros parámetros da ferramenta |
| ![](/files/-MFUo4jWtxypnzxbPy-B)                                                                                                                                 | Configuración da ferramenta de programacións didácticas | Decide se a información de progreso debe mostrarse na páxina de inicio do curso         |

## Informes <a href="#informes" id="informes"></a>

![](/files/-MFUo4j_kC7PLxW7qG4V)Esta importante utilidade para o profesor mostra un seguemento dos estudantes en leccións, exercicios, foros, etc., así como o tempo invertido no curso, o porcentaxe de progreso, calificacións, tarefas, número de mensaxes e data de última conexión. É unha potente ferramenta de monitorización que pode aforrar ao profesor unha gran cantidade de tempo e monótono traballo de mantemento.

## Mantemento do curso <a href="#mantemento-do-curso" id="mantemento-do-curso"></a>

Aquí podes (e regularmente debes) realizar copias de seguridade do teu curso e exportalas como arquivo. Tamén podes utilizala para importar unha copia previa e borrar todo a parte do contido e datos do curso. Tamén podes usar esta ferramenta simplemente para borrar o curso – sé coidadoso, sen embargo – ¡non hai volta atrás!
