# Primeiros pasos: Documentos

Normalmente, o primeiro paso que da un profesor cando precisa agregar contido a un curso é ir á ferramenta *Documentos* ![](/files/-MFUo55fmOUh3kcYdksH) e subir a ela contido xa existente (na forma de PDF, PowerPoint, etc.).

Chamilo permite a importación de todo tipo de documentos (HTML, MS-Word®, MS-PowerPoint® MS-Excel®, PDF, Flash, Quicktime®, OpenOffice.org, LibreOffice, MP3, OGG, AVI, etc.) e pode ser empregado coma un simple catálogo de documentos mentras o profesor constrúe un banco de materiais (unhas poucas semanas, dependendo do contexto).

Podes renomear documentos en cualqueira momento e organizalos en directorios/carpetas. O único aspecto a ter en conta é que o usuario, por suposto, debe ter o software preciso instalado no seu ordenador para ler el documento a súa disposición. Recomendamos o uso de formatos estándar e abertos (ver nota inferior) para evitar ao alumno a necesidade de descargar ou comprar costoso software que poidera ser demasiado específico (por exemplo que non tivera outros usos) ou que resultase difícil de manter.

Con respecto ao almacenamento de ficheiros, precisas estar seguro de organizar os *Documentos* coidadosamente para facer máis fácil localizalos a posteriori.

Nota : A comunidade Chamilo loita por unha completa liberdade na distribución de material educativo. Desde esta perspectiva, dase unha alta prioridade ao soporte de formatos e aplicacións abertas, como LibreOffice® e o seu formato OASIS en lugar do paquete Microsoft® Office®; OGG (e as súas variantes) en lugar de MP3® ou DivX®; etc. Así, recordamoste que todas as características de Chamilo poidan ser empregadas cun simple navegador de especificacións abertas. A única excepción é a videoconferencia e os exercicios hotspot, que requiren o accesorio de Flash® (o cal é libre pero non aberto). Estamos traballando neste último elemento para aumentar a dispoñibilidade deste tipo de exercicios a dispositivos que non soporten Flash®.


---

# Agent Instructions: Querying This Documentation

If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/primeiros_pasos_documentos.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
