# Análisis da cuota de espazo dun curso

Por defecto un curso ten unha cuota de espazo de 100MB, sen embargo se se require máis espazo, o administrador da plataforma pode incrementar esta cuota. Para verificar o espazo usado e dispoñible da cuota asignada a un curso hai que acceder á ferramenta de documentos e xusto ao final da lista verás unha mensaxe que indica o porcentaje da cuota do curso que está sendo utilizada.

![](/files/-MFUo4WcmXx4S4NUyDH2)

Ilustración 38: Cuota de espazo do curso

Se consideras que en poucos días alcanzarás ou superarás o límite da cuota de espazo dun curso, contacta co administrador da plataforma e pregúntalle se é posible incrementar o espazo dispoñible do teu curso. Só o administrador da plataforma ten os permisos para levar a cabo esta tarefa.

Se queres ter unha visión máis clara da cuota de espazo dispoñible no teu directorio de documentos, fai clic na icona de porcentaxe que atoparás no menú de opcións na parte superior da lista de documentos ![](/files/-MFUo4WlocBzGrhUPfZD) . Unha vez que fagas clic en dita icona verás un gráfico como o que se mostra a continuación.

![](/files/-MFUo4WtlPMQzvQxj8AZ)

Ilustración 39: Gráfico de la distribución da cuota de espazo ocupada e dispoñible

**Nota:** En Chamilo 1.9 a limitación do espazo dispoñible nun curso soamente se aplica para os ficheiros que se suban a través da ferramenta de “Documentos”, polo tanto, os usuarios poden enviar todas as tarefas que requiran sen preocuparse sobre o límite do espazo dispoñible no curso.


---

# Agent Instructions: Querying This Documentation

If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/primeiros_pasos_documentos/analisis_da_cuota_de_espazo_dun_curso.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
