> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x-ga/manual-do-profesor/primeiros_pasos_documentos/presentacion_de_imaxes.md).

# Presentación de Imaxes

Se dentro da ferramenta de *Documentos* tes varias imaxes e queres velas todas á vez, podes utilizar a opción de presentacións. Para empregar esta opción, tes que facer clic na icona de *Ver presentación*![](/files/-MFUo4aVkTBdyQN_I4j4) que atoparas no menú de opcións na parte superior da lista de documentos. A continuación verás unha especie de presentación de diapositivas coas imaxes da carpeta na que te atopes, as cales mostraranse unha a unha; podes cambiar de imaxe facendo clic nas frechas de navegación ubicadas na parte superior dereita da vista de presentación. Cada imaxe ten como pie o seu nome, tamaño e espazo en disco que ocupa.

![](/files/-MFUo4aez0bfDkd3u9dK)Ilustración 40: Vista de presentación dunha galería de imaxes

A plataforma ofrece unha maneira máis práctica de ver as imaxes en forma de miniaturas. Para aceder a esta vista, tes que facer clic na icona de *Ver miniaturas*![](/files/-MFUo4amP_YJcCHcksYE) e verás todas as túas imaxes á vez nun tamaño pequeno tal e como se mostra a continuación.

![](/files/-MFUo4aveo0PDvJzBcUr)Ilustración 41: Vista de miniaturas

Adicionalmente nesta vista de presentación tes dispoñibles as *Opcións de presentación,* ás que podes aceder facendo clic nesta icona ![](/files/-MFUo4b0BURV3QNrQOQs), e en dónde poderás modificar a maneira na que se mostran as imaxes.
