Este manual foi redactado pensando nos educadores: profesores, titores, preparadores, instructores e outros involucrados na educación que se atopan coa responsabilidade (ben por elección ou por necesidade) de xestionar un curso de e-learning.
Entrar no mundo do e-learning pode presentar un reto complexo, incluso desalentador, pero cremos que Chamilo LMS en sí mesmo proporciona unha solución de benvida para os recén chegados. Aprendendo a utilizar Chamilo percorrerás unha boa parte do camiño na vía para chegar a dominar moitos aspectos chave do e-learning.
Se eres xa un educador con experiencia en e-learning, poderás atopar nesta guía unha útil e detallada explicación para traballar con Chamilo, e permitirate mellorar as túas habilidades na utilización de ferramentas de e-learning para desenvolver os teus cursos.
Chamilo ten dous obxectivos principais:
Apoiar ao profesor para unha mellor resposta ás necesidades dos seus alumnos, e
Facilitar a construcción e edición de materiais dixitais de alta calidade para e-learning que o profesor pode non só crear senón tamén desenvolver para mellorar continúamente o contido dos seus cursos.