> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x/ga/manual-do-profesor/control_do_aceso_ao_curso.md).

# Control do aceso ao curso

Durante a creación do curso, recoméndase que non permitas aceso aos estudiantes ata que todo esté listo, pois poderían ver un curso incompleto.

Para conseguir isto, o aceso pode restrinxirse dende o apartado de ***Configuración do curso***:

![](https://3858998590-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-x-prod.appspot.com/o/spaces%2FrYG0ZO9l5dz30ItVAkSj%2Fuploads%2Fgit-blob-def8ce7910090c6ae386eb10f1d809c6d02527eb%2Fimages17%20\(10\).png?alt=media)Ilustración 16: Ferramentas de administración do curso

Unha serie de opcións están dispoñibles para o profesor.

![](https://3858998590-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-x-prod.appspot.com/o/spaces%2FrYG0ZO9l5dz30ItVAkSj%2Fuploads%2Fgit-blob-2e10c9e3704ddfd8801e2096210890d4d749dfd1%2Fimages18%20\(10\).png?alt=media)Ilustración 17: Configuración do curso - Aceso ao curso

As opcións de visibilidade se atopan na sección “*Aceso ao curso*” (zona despregable) e son as seguintes:

* **Público** : acesible a cualqueira usuario, rexistrado ou non na plataforma
* **Aberto** : todos os usuarios *rexistrados na plataforma* poden aceder ao curso sempre que se suscribiran previamente ao mesmo (poden facelo dende o catálogo de cursos). É a *opción por defecto*.
* **Privado** : o curso é *únicamente acesible aos estudantes que foran inscritos ao mesmo por un profesor ou administrador*. Asegúrate que a opción de *Suscripción* esté dispoñible só para os docentes, pois de outra forma os usuarios poderán suscribirse por sí mesmos.
* **Pechado** : o curso *só está dispoñible para o profesor ou administrador.* Outros usuarios non poden aceder, ainda que fosen previamente suscritos ao mesmo. Esta última opción é recomendable durante a *creación ou periodos de mantemento* do curso.

A partir da versión 1.9.10, o administrador tamén ten aceso a un nivel de visibilidade adicional, “Agochado”, que lle permite deshabilitar un curso por completo. Se un curso algún día desaparecera da túa lista como profesor, esta podería ser a razón.
