> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://docs.chamilo.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://docs.chamilo.org/1.11.x/ga/manual-do-profesor/paxina_principal_do_curso/texto_de_introducion.md).

# Texto de introdución

Independentemente de cualqueira outra ferramenta do curso en particular, é posible configurar unha mensaxe de benvida para o curso. Fai clic na icona *Engadir un texto de introdución* e aparecerá un editor de texto.

![](https://3858998590-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-x-prod.appspot.com/o/spaces%2FrYG0ZO9l5dz30ItVAkSj%2Fuploads%2Fgit-blob-85f7f0b8abe9669eac4fc634f00df1f67300e082%2Fimages28%20\(10\).png?alt=media)Ilustración 25: Páxina de benvida – texto introductorio

Esta funcionalidade é moi sencilla de usar pero non por iso menos potente: podes usala para poñer unhas palabras de benvida, pero tamén che permite rediseñar por completo a páxina principal, ocultando todas as ferramentas e personalizando ao teu gusto esta sección. Podes incluir textos, vídeos e enlazar ás distintas ferramentas aínda que estén ocultas.

Para personalizar e enlazar ferramentas de Chamilo dende a área de introducción ao curso:

* Oculta todas as ferramentas (pulsando sobre a icona de ollo, que debe quedar en cor gris)
* Pulsa o botón dereito do teu rato sobre calqueira ferramenta á que queiras que accedan os estudantes.
* Selecciona *Copiar ruta da ligazón*
* Pulsa sobre *Agregar un texto de introdución*
* Escribe un texto de introdución (podes usar táboas ![](https://3858998590-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-x-prod.appspot.com/o/spaces%2FrYG0ZO9l5dz30ItVAkSj%2Fuploads%2Fgit-blob-b05be6b0152a22b5e00c4c4daba0ccc8d8b69da9%2Fgraphics81%20\(4\).png?alt=media), ou código html externo para posicionar os elementos no lugar exacto no que os precises, e engade unha icona que elixiras para representar o aceso a esa ferramenta.
* Pulsa sobre a icona e con ela seleccionada, pulsa sobre a icona de creación de ligazóns ![](https://3858998590-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-x-prod.appspot.com/o/spaces%2FrYG0ZO9l5dz30ItVAkSj%2Fuploads%2Fgit-blob-2b68278c814abca7b36453caa435620565212bc3%2Fgraphics82%20\(4\).png?alt=media)
* « Pega » a ligazón tal e como o gardaches un par de pasos antes (CTRL-V debería funcionar)
* Pulsa sobre o botón de *gardar texto de introdución.*

Con este cambio, quedarache unha páxina principal do curso totalmente personalizada. Soamente se verán a maiores o pé e a cabeceira do campus.
