Creando un novo exercicio

Crear un novo exercicio é moi fácil; para comezar fai clic na icona de Novo exercicio e da un nome, a continuación fai clic no botón Preparar Preguntas.

Ilustración 42: Exercicios - Crear novo exercicio

Se desexas escribir unha descrición do exercicio, podes facelo facendo clic no botón de Parámetros avanzados, mostrarase un editor de texto no que poderás escribir a descripción que queiras e se lle mostrará aos alumnos cando realicen o exercicio.

Unha vez crearas o exercicio, éste mostrarase na páxina principal da ferramenta de Exercicios xunto con todos os exercicios que se crearan.

Ilustración 43: Lista de exercicios dun curso

Dado que hai varias formas de utilizar a ferramenta de Exercicios, pode darse o caso no que as opcións por defecto dos exercicios non sexan as que necesitas, se este chega a ser o teu caso, podes modificar as opcións por defecto na sección de Parámetros avanzados dispoñible ao momento de crear ou modificar un exercicio, ou usando a icona de ferramentas ().

Ilustración 44: Parámetros avanzados dun exercicio ao momento de crealo

Os parámetros avanzados explícanse por si mesmos, sen embargo a continuación mostramoste unha breve descripción dos mesmos.

  • Retroalimentación, pode ser provista ao final do exercicio ou non ofrecela, por exemplo no caso de crear un exame.

  • Os resultados do exercicio poden ser mostrados aos estudantes (por ex. Nun exercicio interactivo) ou ocultalos (por ex. Nun exame).

  • Preguntas por páxina, poden ser mostradas todas nunha soa páxina (por ex. Nun exame rápido) ou en páxinas separadas (por ex. Cando as preguntas e respostas son extensas ou cando se incorporan elementos multimedia).

  • As preguntas e respostas poden mostrarse nunha secuencia predeterminada ou de maneira aleatoria e mezclada. Neste caso, será necesario indicar cantas das preguntas dispoñibles quérese ofrecer ao alumno (así se pode ter unha funcionalidade de banco de preguntas). Xa sea “Todas” ou unha cantidade inferior á cantidade total de preguntas dispoñibles.

  • Tal como é posible barallar as preguntas, é posible barallar as respostas dentro dunha mesma pregunta. Neste caso, terás que evitar usar respostas como “Todas as anteriores”, xa que ¡esta resposta podería aparecer primeiro na lista!

  • Se decides clasificar as preguntas por categorías, poderás decidir tamén seleccionar unha certa cantidade (fixa) de preguntas por categoría. Lamentablemente, en Chamilo 1.10 todavía non é posible por unha cantidade variable de preguntas para cada categoría. Solo poderás, por exemplo, dicir que cada categoría mostra 5 preguntas ao azar, pero non dicir que a categoría A mostra 5 preguntas e a categoría B mostra 8 preguntas. Esperamos engadir esta funcionalidade nun futuro.

  • As categorías das preguntas poden ser mostradas ou ocultadas no exercicio que se mostra ao alumno.

  • O número de intentos para resolver o exercicio pode limitarse a un número determinado ou ser infinito, por exemplo para exercicios de práctica.

  • É posible definir a data de inicio e de fin de dispoñibilidade dun exercicio, así como tamén é posible definir o tempo máximo que ten un alumno para responder ás preguntas dun exercicio, caso no que se lle mostrará un cronómetro co tempo que ten dispoñible mentras realiza o exercicio9. É importante notar que as datas de dispoñibilidade so afectan ao inicio do exercicio. Se a data de fin é a media noite e o alumno entra ás 23:59, poderá tomar todo o seu exercicio con tranquilidade ata terminar o tempo impartido para o exercicio.

  • Os resultados negativos, poden ser contabilizados coma cero ou acumulados para a seguinte pregunta.

  • É posible definir se os estudantes poden revisar as súas respostas ao finalizar o exercicio.

  • Existe a opción de escribir unha mensaxe que se lle mostrará aos estudantes ao finalizar o exercicio.

  • Si se define un porcentaxe de éxito, o estudante verá unha mensaxe verde ou vermella na pantalla de resultados segundo o seu resultado final.

Nota: O administrador da plataforma pode habilitar unha opción adicional para a sección de “Retroalimentación” dos parámetros avanzados: Autoavaliación (retroalimentación inmediata). Se se activa esta opción, habilítase o tipo de preguntas de “Escenario” que permite aos profesores crear preguntas de resposta múltiple ou de relacionar imaxes, que dependendo da resposta do estudante, pódelle mostrar unha secuencia alternativa de preguntas. Esta é unha opción moi potente, sen embargo, ten coidado, por que unha vez que a opción de “Autoavaliación” se selecciona non é posible modificala dentro dun exercicio, se xa non a queres empregar, terás que crear un novo exercicio sen que esta opción esté seleccionada.

9. Se mentres un alumno resolve un exercicio, éste se desconecta por calqueira motivo da plataforma, o tempo para resolver o exercicio seguirá correndo, sen embargo, o alumno poderá volver a conectarse e continuar o exercicio xusto no punto onde o deixou. O cronómetro soamente se mostrará nos exercicios configurados para mostrar todas as preguntas nunha soa páxina.

results matching ""

    No results matching ""