Engadindo preguntas a un exercicio

Unha vez que se creou un exercicio e se fixo clic en Preparar preguntas, mostrarásenos a páxina de preguntas.

Ilustración 45: Primeira vista da lista de preguntas

Ademáis da barra de ferramentas, nesta páxina móstranse os diferentes tipos de preguntas que poden crearse os cales descríbense nesta sección. Esta mesma páxina pode ser accedida despois utilizando a icona de editar exercicio dende a lista de exercicios do curso. Cada exercicio pode ter unha combinación dos distintos tipos de preguntas, o cal pode ser útil para asegurarse de que os exercicios non son monótonos.

Encher brancos

Resposta única

Resposta aberta

Zona de imaxe

Resposta única con « non sei »

Combinación V/F ?

Resposta múltiple

Relacionar

Expresión oral

Combinación exacta

Resposta multiple V/F ?

Resposta múltiple global

Ilustración 46: Exercicios – Tipos de preguntas

As preguntas son creadas utilizando un formulario en liña, bastante intuitivo de encher, o cal varía dependendo do tipo de pregunta. A continuación descríbense detalladamente cada unha delas.

Os seguintes puntos, son consideracións xerais a tomar en conta no momento de crear a maioría do tipo de preguntas empregando o formulario en liña da plataforma:

  1. A columna “Comentario” só se mostrará se se selecciona a opción mostrar retroalimentación nos axustes avanzados no momento de crear o exercicio (se non queres mostrar retroalimentación algunha non ten sentido que se mostre esta columna na páxina).

  2. Calqueira campo do formulario marcado cun asterisco vermello * debe ser enchido.

  3. Cada pregunta ten un título e unha descripción. É recomendable mostrar un título corto e descriptivo no campo titulo, e escribir a verdadeira pregunta no campo de Enriquecer pregunta. Esta práctica permitirate presentar unha pregunta máis completa e máis significativa, na cal pode empregar imaxes ou incluso incluir audio ou vídeo.

  4. Todos os campos de respostas e comentarios teñen ferramentas de edición que están ocultas por defecto, pero que poden ser mostradas facendo clic na pequena frecha de cor negra que verás na esquina superior esquerda de cada campo. Estas ferramentas permitirante engadir imaxes, enlaces e audio as túas respostas ou comentarios de retroalimentación.

  5. Cada tipo de pregunta involucra unha asignación de puntos. No caso de preguntas que requiran unha valoración posterior por parte do profesor, esta asignación será simplemente a calificación máxima que pode asignar un profesor a unha pregunta concreta. No caso de exercicios obxetivos no que os alumnos deban seleccionar unha resposta, a puntuación de cada resposta correcta ou incorrecta pode definirse, incluso asignando valores negativos. En exercicios que involucren distintos tipos de preguntas, os profesores deben reflexionar sobre cal é o peso idóneo para cada pregunta sobre o total de puntos que pode chegar a valer un exercicio.

  6. No caso de preguntas de resposta múltiple, os profesores deben considerar o número de opcións que ofrecerán en cada pregunta, isto pode realizarse utilizando os botóns de engadir resposta (__icona cor verde) ou Quitar resposta (__icona cor vermella) que se mostran na parte inferior do formulario de creación dunha pregunta.

  7. Se tes unha gran variedade de preguntas cubrindo diversos temas, podes chegar a atopar de utilidade o crear categorías para agrupar as preguntas por tema, o cal podes definir no apartado de Parámetros avanzados en cada pregunta (isto é útil, por exemplo, se planeas reutilizar preguntas). Para poder empregar as categorías, debes crealas antes de definir as preguntas dun exercicio facendo clic na opción Categoría de preguntas que se atopa na páxina principal da ferramenta de exercicios, e a continuación facer clic na opción engadir categoría ; isto permitirate crear unha categoría cunha descripción a cal aparecerá nunha lista desplegable. Empregar categorías é unha boa práctica, sen embargo vale a pena destacar que a súa principal utilidade é cuando tes unha gran cantidade de preguntas e planeas editalas ou reutilizalas.

  8. Tamén poden definir unha dificultade para cada pregunta no apartado de Parámetros avanzados. Isto pode ser de utilidade para refinar a avaliación do traballo realizado polos estudantes, ou para revisar o exercicio na súa totalidade. A dificultade dunha pregunta tamén pode ser útil no momento de reutilizar preguntas, xa que é posible filtralas por esta característica.

Tipo 1 : Opción múltiple – Resposta única

A pregunta de opción múltiple clásica é aquela na cal só unha resposta pode ser considerada como correcta. É posible facer que un exercicio sexa máis desafiante asignando valores negativos ás respostas incorrectas para que resten puntos da calificación final. Cando isto se fai, por exemplo indicándoo na introducción do exercicio ou na propia pregunta, o estudante é alentado a pensar máis cuidadosamente cada unha das súas respostas antes que seleccionar calqueira delas ao chou e ser penalizado con puntos negativos.

Ilustración 47: Exercicios – Opción múltiple, pregunta de resposta única

Tipo 2 : Opción múltiple – resposta múltiple

Este tipo de pregunta é unha variación da anterior, permitíndote asignar máis dunha resposta correcta a cada pregunta. Novamente é posible asignar puntuacións positivas ou negativas ás respostas. Este tipo de preguntas pode proporcionar un maior desafío aos estudantes (pode ser unha boa práctica indicar, por exemplo, que hai dúas respostas correctas e así non “enganar” aos estudantes).

Ilustración 48: Exercicios – Pregunta de resposta múltiple

Tipo 3 : Cubre os espazos en branco

Este tipo de pregunta pode utilizarse para o clásico exercicio de “close passage” que é un dos favoritos dos profesores de idiomas, no cal certas palabras dun texto poden ser seleccionadas para ser mostradas como espazos en branco que deben ser cubertos polos estudantes. O primeiro que o profesor debe facer é escribir un parágrafo (ou unha lista de frases) para despois engadir corchetes (parénteses cadrados) ao redor das palabras que desexan ser mostradas como espazos en branco na pregunta (estas palabras serán mostradas ao alumno como caixas de texto vacías, as cales serán marcadas como correctas se o estudante escribe a palabra que coincida correctamente coa que definiu o profesor). Tan pronto como se engadan os corchetes, o formulario mostrará un campo de “puntuación” para cada palabra que deba ser correxida. Para facer o exercicio un pouco máis sencillo, o profesor pode elexir mostrar as palabras que poden ser elexidas na opción de Enriquecer pregunta. Este tipo de pregunta é sumamente útil para valorar conceptos clave ou vocabulario.

Ilustración 49: Exercicios – Pregunta de cubrir os espazos en branco

Dende a versión 1.10 de Chamilo, o profesor pode elixir 4 novas opcións en comparación coas versións anteriores:

  • o tipo de marcador para os espazos en branco (por defecto ven [], pero algúns profesores precisan empregalo para o texto normal da súa pregunta)

  • alternativas de respostas, separadas por unha barra vertical “|” (neste caso a primeira será a única correcta e aparecerán desordeadas para o alumno)

  • alternativas de respostas correctas no caso de que varias posibilidades sexan consideradas correctas, separadas por doble barra vertical “||”

  • a dimensión do campo de resposta, para dar unha pauta máis ao alumno sobre a resposta esperada (iconas + e – para dimensionar correctamente o campo)

O alumno verá a pregunta como se mostra a continuación, simplemente deberá escribir a palabra correcta nos espazos en branco, ou se son varias posibilidades, seleccionar a correcta.

Ilustración 50: Visualización estudantil de pregunta tipo cubrir os espazos en branco

Tipo 4 : Relacionar

Este tipo de pregunta está deseñada para pedir ao estudante que relacione elementos de texto entre dúas listas. Un elemento pode ser unha palabra ou parte dunha sentencia. Tamén pode ser empregado para preguntar ao estudante que ordene elementos en certa orde.

Ilustración 51: Exercicios – Tipo de pregunta relacionar

O estudante verá a pregunta como se mostra a continuación.

Tipo 5 : Resposta aberta

Este tipo de pregunta permite ao alumno escribir o que queira como resposta (unha especie de “mini-tarea”). Como actividad no tiene unha resposta única, y por tanto no será evaluada automáticamente al final do exercicio, pero debe ser evaluada manualmente por el profesor antes de que el resultado final do exercicio pueda ser calificado. De la misma forma que en las tareas y los foros, el profesor tiene la posibilidad de utilizar la ferramenta de Grabación la cuál indicará que preguntas aberta necesitan ser evaluadas.

Ilustración 52: Exercicios – Preguntas de tipo resposta aberta

Cando o alumno vexa a pregunta, verá un cadro de texto onde poderá escribir a súa resposta, tal e como se mostra a continuación (pode utilizar a pequena frecha de cor negra na equina superior esquerda para facer uso de ferramentas que lle permitirán enriquecer a súa resposta, como por exemplo poñendo encabezados ou resaltando texto).

Tipo 6: Expresión oral

Este tipo de pregunta é unha das novidades de Chamilo 1.9, para utilizalo debes pedir ao administrador da plataforma que active o gravador de voz RTC. Este tipo de pregunta é similar á de resposta aberta, xa que require unha evaluación manual por parte do profesor, pero en lugar de pedir ao alumno que escriba a súa repuesta, se lle pide que faga unha gravación de audio da mesma. Este tipo de pregunta é sumamente útil en cursos de idiomas, ou para alumnos con algún tipo de discapacidade ou condicións de aceso á plataforma especiais. É un tipo de pregunta que pode ser tamén de gran axuda para animar aos alumnos a presentar os seus traballos de maneira verbal e mellorar as súas habilidades de comunicación.

Ilustración 53: Exercicios – Pregunta do tipo de expresión oral

Para gravar a súa resposta, o alumno simplemente precisa presionar o botón Grabar resposta cando esté listo para falar e seguir as instruccións que o gravador de voz lles mostrará en pantalla. Unha vez finalizada a gravación, ésta enviarase automáticamente ao profesor para que a evalúe.

Tipo 7 : Hotspot, ou Zonas de imaxe

Neste tipo de preguntas, ao alumno se lle pedirá que identifique áreas dentro dunha imaxe facendo clic sobre elas. Estas áreas previamente deben definirse polo profesor. Realizar este tipo de preguntas require dun pouco máis de tempo e esforzo que os outros tipos.

Ilustración 54: Exercicios – Preguntas de tipo zonas de imaxe

Unha vez que subas a túa imaxe ao servidor e lle das un nome á túa pregunta, poderás engadir ou quitar zonas interactivas na imaxe, definindo áreas como elipses, rectángulos ou polígonos. Da mesma forma que nos outros tipos de preguntas, podes engadir comentarios de retroalimentación e determinar os puntos que vale cada unha das zonas interactivas.

Cando o alumno ve a pregunta, debe facer clic na figura para identificar as áreas que se lle pidan, cada vez que se faga clic, aparecerá un número sobre a área que o alumno seleccionara.

Ilustración 55: Exercicios – Vista do alumno dunha pregunta de zonas de imaxe

Tipo 8 : Combinación exacta

Este tipo de pregunta é unha variante da pregunta de resposta múltiple, a diferencia estriba en que neste tipo de pregunta unha combinación que non sexa totalmente correcta se acepta; esto significa que se por exemplo entre as opcións A, B, C, D soamente B e D son correctas, terás que seleccionar ambas, B e D, para asignar a puntuación á pregunta, por este motivo, solo hai un campo para escribir a puntuación no formulario desta pregunta.

Ilustración 56: Exercicios – Pregunta do tipo de combinación exacta

Tipo 9 : Resposta única con non sei

En ocasións, o profesor desexa que o estudante indique cando non coñece a resposta a unha pregunta no lugar de que intente adivinar a resposta correcta. Este tipo de pregunta é similar á de resposta múltiple pero reserva a última resposta á opción “Non sei”, a cal é puntuada con cero. Se o profesor o considera oportuno, os estudantes poden ser penalizados cunha puntuación negativa se intentan adivinar a resposta.

Ilustración 57: Exercicios– Pregunta do tipo resposta única con non sei

Tipo 10 : Resposta múltiple Verdadeiro/Falso/Non sei

Este é outro formato de combinación que inclúe unha opción de valor cero “Non sei” como na opción de preguntas anterior, pero utilizando respostas verdadeiro/falso en lugar de preguntas de selección múltiple. De novo, pódense asignar puntuacións negativas para evitar as suposiciones, e admitir a ignorancia “honestamente”!

Ilustración 58: Exercicios – Resposta múltiple verdadeiro/falso/non sei

Tipo 11 : Combinación Verdadeiro/falso/non sei

Esta opción ofrece unha única puntuación que cubre unha o máis preguntas. O formulario ten unha apariencia similar "resposta exacta", pero a proba móstrase ao alumno de maneira diferente, como se ilustra a continuación.

Ilustración 59: Exercicios – Combinación verdadeiro/falso/non sei

O alumno verá a(s) pregunta(s) e empregará os selectores (botóns radio) desta forma:

(Nota: unha resposta “non sei” xerará unha puntuación de cero, polo que o máis xusto para este formato sería que contese unha ou dúas preguntas – requirindo un uso prudente por parte do profesor)

Tipo 12 : Resposta global múltiple

Este formato de preguntas combina o formato de resposta múltiple cunha única puntuación, proporcionando unha opción para asegurarse de que non se acumule unha puntuación negativa.

Ilustración 60: Exercicios – Resposta global múltiple

Tipo 13: Pregunta calculada

Este tipo de pregunta está todavía en periodo de avaliación, o cal significa que non debería ser considerado como parte crítica dun examen. Permite elaborar enunciados coma “Xulia ten 7 mazás e ten que repartirlas entre os seus 4 irmáns de maneira imparcial¿Cantas manzás recibirá cada irmán__?”, pero cunha variación posible en cada número da ecuación. Se formulamos o enunciado anterior de maneira máis matemática, teríamos o seguinte problema:

Xulia ten [x] mazás e ten que repartirlas entre os seus [y] irmáns de maneira imparcial¿Cantas mazás recibirá cada irmán__?” (co suposto de que a cantidade de mazás que recibirá cada irmán é [z]).

Para elaborar esta fórmula, teríamos que prantexar as cousas como se ve na captura…

Ilustración 61: Exercicios - Resposta calculada

Os campos a encher son:

  • un rango para cada valor variable (por exemplo: de 3 a 7, ou de 7 a 20)

  • unha fórmula que permita calcular o esperado do alumno (aquí indicamos [x]/[y])

  • unha puntuación a atribuir ao alumno se resuelve correctamente o problema

  • unha cantidade de variacións do problema a xerar (aquí indicamos 5)

Con estes datos, cada usuario que teña que respostar esta pregunta terá unha de 5 variacións da mesma pregunta.

É posible xogar sobre moitas variacións, e unha ligazón baixo os rangos de variables indica todas as funcións matemáticas que se poden usar.

Nota: é importante non equivocarse con respecto á zona na cal se introduce o texto con corchetes. Un erro común é introducir o texto con corchetes na parte de descripción da pregunta (en “Parámetros avanzados”). Neste caso, non se resaltarán as variables.

Outro error común é reproducir a fórmula de exemplo “tal cal”. O exemplo con “sqrt()” representa a fórmula de raíz cadrada, e non se trata dun prefixo obrigatorio. É un exemplo.

Tipo 14: Resposta de imaxe única

Este tipo de pregunta permite dar unha selección de imaxes ao alumno e pedir que seleccione a imaxe correcta entre elas. É un tipo de pregunta moi atractivo para o estudante. É moi visual e motivador, pero supón un tempo de preparación maior para o profesor (pola preparación das imaxes).

O sistema recomenda subir imaxes de 200 píxeles de ancho sobre 150 píxeles de alto para que o resultado sexa o máis atractivo posible. Aquí un exemplo do formulario para elaborar este tipo de preguntas.

Ilustración 62: Exercicios: Resposta de imaxe única

Para o alumno, o rendido é máis atractivo e pódese observar na captura seguinte. Como se pode observar, a selección feita polo estudante está resaltada cun borde de cor azul.

Ilustración 63: Exercicios: Visualización estudantil do tipo selección de imaxe

Tipo 15: Arrastrable

Este tipo de pregunta permite pedir ao estudante o ordenamento correcto de palabras nunha frase. A súa elaboración é similar á da correspondencia, pero pide sinxelamente unha orde (en vez dunha correspondencia).

Ilustración 64: Exercicios: Pregunta tipo arrastrable

O estudante primeiro visualiza a pregunta con botóns arrastrables e zonas numeradas para reflexar a orde.

Ilustración 65: Exercicios: Pregunta tipo arrastrable - Visualización estudiante

Logo, unha vez algunas palabras arrastradas, aparece ben, con opcións de anulación.

Ilustración 66: Exercicios: Pregunta tipo arrastrable - Visualización estudante en progreso

Tipo 16: Correspondencia arrastrable

Este tipo de pregunta permite facer corresponder (ou coincidir) certas propostas coas súas respostas. Xenérase de maneira idéntica ao tipo 4 (relacionar) pero a súa visualización polo alumno é considerablemente distinta…

A diferencia do tipo 4, as preguntas do tipo 16 teñen que ter a mesma cantidade de propostas que a cantidade de respostas.

Ilustración 67: Exercicios: Pregunta tipo correspondencia arrastrable

Unha vez o estudante arrastrara os puntos da esquerda hacia a súa correspondencia, aparecerán todos as ligazóns en pantalla.

Ilustración 68: Exercicios: Pregunta tipo correspondencia arrastrable respondida

results matching ""

    No results matching ""