Retroalimentación, resultados e respostas correctas

Nesta sección descríbense algúns dos conceptos educativos chave que guiaron o deseño da ferramenta de Exercicios de Chamilo. Para os profesores que sexan novos na ensinanza e aprendizaxe en liña, é importante que teñan en consideración algúns dos termos que emprega Chamilo en relación a estes conceptos antes de comezar a crear os seus propios exercicios.

Retroalimentación automática

Unha das principais ventaxas da aprendizaxe en liña é que pode ofrecer ao alumno unha gran flexibilidade en termos de onde e cando quere estudar. Se así o desexa, un estudante pode realizar un exercicio totalmente automatizado onde queira e a calqueira hora, e recibir a súa calificación inmediatamente. Sen embargo, esta liberdade implica que non hai un profesor a mano que poida explicar ao estudante por que tivo unha resposta incorrecta, tal e como ocurriría nunha aula de clase. Polo tanto, nos exercicios en liña automatizados, o profesor precisa por especial atención na creación da retroalimentación automática que desexa que reciban os seus estudantes.

O feito de que un alumno reciba unha retroalimentación automática, implica que ademáis de recibir a súa calificación de maneira inmediata, o estudante tamén pode recibir unha breve (predefinida) retroalimentación relacionada coa respuesta que deu a cada pregunta, xa sexa que ésta fose correcta ou incorrecta. Normalmente se un estudante contesta unha pregunta correctamente, coma profesor debería felicitalo, como por exemplo “Ben feito, podo ver que comprendiches ben este concepto”. Polo contrario, se a resposta foi incorrecta, é posible dar unha retroalimentación inmediata ao estudante para motivalo a que vexa máis alá dunha desmoralizadora marca vermella no seu exercicio, e axudarlle a que un fallo sexa unha experiencia positiva para o seu aprendizaxe. Este é o mellor momento para que el ou ela aprendan ónde se equivocaron e cómo evitar cometer o mesmo erro. Por exemplo, podes empregar consellos e comentarios coma: “Síntoo a túa resposta é incorrecta ¿leiches o capítulo de Estándares Abertos coa suficiente atención? Unha revisión rápida do Capítulo 3 pode axudarte ¿recordas como se diseñou o exemplo de OASIS?” Este tipo de retroalimentación pode, por exemplo, incluir un enlace ao contido do Capítulo 3 para que o alumno poida leelo.

Certo tipo de retroalimentación pode chegar a “humanizar” os exercicios e suele ser algo moi apreciado polos estudiantes. Iso implica un pouco máis de traballo extra para o profesor no momento de crear o exercicio, pero proveé dun mecanismo moi importante para motivar e correxir ao alumno cada vez que realiza un exercicio.

Resultados dos exercicios

Asignar unha calificación pode ser unha forma moi “tosca” ou incluso ruda de evaluar as habilidades dun estudante. Sen embargo, as calificacións son algo que importa moito aos estudantes ainda cando son algo limitado en termos de cómo evaluar a formación. En Chamilo tes unha gran flexibilidade para configurar as calificacións, as notas de corte (ou calificacións mínimas), etc. É posible asignar todo o peso das calificacións aos exercicios, así como asignar valores negativos a respostas de maneira individual. Debes empregar todas estas opcións con coidado e evitar despistes (unha mala calificación para unha resposta correcta é moi frustrante para un estudante). Se ofreces resultados automáticos aos teus alumnos, pode resultar difícil modificalos. Modificar un resultado pode ser preciso en circunstancias específicas (por ex. Cando o exercicio é complexo), e elo requerirá dunha revisión manual por parte do profesor.

Mostrando respostas correctas

A opción de mostrar respostas correctas é unha maneira simple e directa de prover de retroalimentación mostrando ao estudante cal debeu ser a súa resposta. En ocasións é desexable mostrar as respostas correctas desta forma, pero dado que o estudante pode querer repetir o exercicio sen que se lle de a resposta, ou que quizáis queras reutilizar un exercicio para futuras ocasións, é recomendable non mostrar as respostas correctas dun ejercicio, no seu lugar, é recomendable darlle unha retroalimentación ao alumno que lle diga cómo (no lugar de qué) debeu respostar e axudarlle a atopar o camiño correcto para a seguinte vez que realice o exercicio.

results matching ""

    No results matching ""