Tipos de exercicios

Neste punto é pertinente que teñas claro que o término Exercicios empregado nesta ferramenta emprégase de maneira xenérica para describir un amplio rango de actividades de aprendizaxe en liña, os cales xunto coas Tarefas e os Foros, poden ser empregados para crear información de avaliación que poden orientar aos estudantes a mellorar o seu aprendizaxe. Un aspecto clave da ferramenta de Exercicios é que pode ser empregada para proporcionar respostas automáticas ás respostas dos estudantes sen a necesidade de ter que esperar a que o profesor poida respostar. A maneira na que esas respostas automáticas son mostradas e empregadas pode variar grandemente ao largo do camiño que segan os estudantes ao largo do curso. A continuación, suxírense algúns tipos de actividades de evaluación que poden ser implementadas empregando a ferramenta de Exercicios.

  • Exames. Refírese a exercicios, xeralmente controlados por un tempo máximo para ser respondidos, para os cales non se proporciona ao alumno unha retroalimentación inmediata así como tampouco se lle mostran as respostas correctas. O alumno recibirá os resultados do exame cando o profesor o considere adecuado. Este tipo de valoración é xeralmente utilizada ao final dun curso e pode chegar a representar a maior parte do peso da avaliación dun estudante, e por tanto, os resultados e a retroalimentación para os estudantes de parte do profesor non se leva a cabo ata que se fixo unha valoración exhaustiva do desempeño dos estudantes.

  • Exercicios. Son mecanismos que permiten ao profesor evaluar ao alumno de maneira paulatina ao largo de todo o curso, por exemplo, ao final de cada lección, unidade ou módulo. Son menos formales que un exame e pódese permitir que o estudante teña tres ou más oportunidades para resolvelos, o cal representa un enfoque máis formativo das evaluacións, xa que tamén poden conter amplios comentarios de retroalimentación que axude ao estudante a mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Algúns elementos dos exercicios poden non ser totalmente automáticos, o cal requerirá certa valoración manual por parte do profesor. A maior parte dos resultados deberían poder ser mostrados de maneira inmediata, e a retroalimentación en lugar de ser únicamente as respostas correctas a cada pregunta, debería ser expresada á maneira dun reto para que o estudante comprométase a estudar máis en profundidade aqueles temas nos que pasou e reflexione de tal forma que poida contestar correctamente ao seguinte intento.

  • Exercicios Automatizados. Se trata dun tipo de exercicios que están dispoñibles para ser realizados varias veces. O seu obxetivo é axudar ao alumno a exercitarse, por exemplo, para aprender o vocabulario dun curso, practicar un algoritmo matemático concreto ou memorizar un procedemento de seguridade. Este tipo de exercicios están xeralmente libres de calqueira restricción de tempo para ser resoltos e están automatizados para mostrar os resultados, a retroalimentación e incluso as respostas correctas para promover a mellora a través da práctica.

  • Escenarios. Representan un tipo de exercicios máis avanzados e interactivos, onde o profesor pode definir camiños alternativos dependendo de qué resposta dun estudante a unha pregunta, levándoo por un cuestionario prácticamente personalizado. Este tipo de actividades poden ser creadas coa ferramenta de exercicios de Chamilo, proporcionando ao estudante unha experiencia de aprendizaxe en liña bastante efectiva e interactiva; sen embargo, pola súa propia naturaleza os escenarios son complexos de deseñar e crear.

As descripcións mostradas anteriormente son exemplos de cómo pode chegar a ser empregada a ferramenta de Exercicios dependendo de cómo é configurada polo profesor. Esta ferramenta foi deseñada para ser o máis flexible posible, intentando manter a súa facilidade de uso, polo tanto, é posible crear variacións dos modelos descritos anteriormente para axustarse aos requerimentos concretos de cada curso ou profesor.

results matching ""

    No results matching ""