Suscribirse a outros cursos

Tanto os profesores coma os estudantes poden suscribirse aos cursos existentes no seu campus. Se un profesor se apunta a un curso, será considerado estudante nese curso e non terá aceso ás ferramentas que habitualmente están dispoñibles para os profesores. Se queres apuntarte a un curso como profesor, entón terás que solicitarlle ao propietario do curso que te matricule como tal.

Pulsando sobre o enlace Catálogo de cursos aparecerá o listado de categorías cos seus respectivos cursos. Para apuntarte a un, debes pulsar sobre o botón Inscribirme (un botón verde co símbolo de entrada). Podes empregar a caixa de búsqueda que aparece no catálogo de cursos para localizar o curso do teu interés.

Ilustración 22: Catálogo de cursos

Ao inscribirte a un curso, asignarásete o rol de estudante nese curso.

results matching ""

    No results matching ""