Ferramentas de Administración

O grupo de utilidades da sección de administración, ás que o estudante nunca debe precisar aceder – e polo tanto non existe opción de ocultar ou mostrar as ferramentas – está deseñado únicamente para uso do profesor.

Ilustración 28: Ferramentas de Administración

Xestión de blogs

Aquí o profesor puede crear novos blogs visibles e dispoñibles para os estudiantes na sección de Creación de contidos. Un blog integra xestión de tarefas e usuarios a través dun calendario dentro da propia ferramenta, proporcionando unha xestión efectiva de proxectos colaborativos.

Configuración do curso

Xestiona os parámetros de configuración do curso coma profesor. Estes parámetros están ordeados en varias secciones:

Configuración do curso Xestiona e actualiza elementos como o título do curso, categoría, idioma, imaxe, etc.
Aceso ao curso Configura o aceso ao curso (visibilidade, suscripción e outros permisos)
Notificacións por e-mail Configura o comportamento dos avisos por e-mail
Dereitos do usuario Configuración da axenda, anuncios, ou mostrar imaxes no foro
Configuración do chat Configura cómo se abre a ferramenta chat
Configurar a ferramenta leccións Permite habilitar o tema gráfico nas leccións, así como outros parámetros da ferramenta
Configuración da ferramenta de programacións didácticas Decide se a información de progreso debe mostrarse na páxina de inicio do curso

Informes

Esta importante utilidade para o profesor mostra un seguemento dos estudantes en leccións, exercicios, foros, etc., así como o tempo invertido no curso, o porcentaxe de progreso, calificacións, tarefas, número de mensaxes e data de última conexión. É unha potente ferramenta de monitorización que pode aforrar ao profesor unha gran cantidade de tempo e monótono traballo de mantemento.

Mantemento do curso

Aquí podes (e regularmente debes) realizar copias de seguridade do teu curso e exportalas como arquivo. Tamén podes utilizala para importar unha copia previa e borrar todo a parte do contido e datos do curso. Tamén podes usar esta ferramenta simplemente para borrar o curso – sé coidadoso, sen embargo – ¡non hai volta atrás!

results matching ""

    No results matching ""