Texto de introdución

Independentemente de cualqueira outra ferramenta do curso en particular, é posible configurar unha mensaxe de benvida para o curso. Fai clic na icona Engadir un texto de introdución e aparecerá un editor de texto.

Ilustración 25: Páxina de benvida – texto introductorio

Esta funcionalidade é moi sencilla de usar pero non por iso menos potente: podes usala para poñer unhas palabras de benvida, pero tamén che permite rediseñar por completo a páxina principal, ocultando todas as ferramentas e personalizando ao teu gusto esta sección. Podes incluir textos, vídeos e enlazar ás distintas ferramentas aínda que estén ocultas.

Para personalizar e enlazar ferramentas de Chamilo dende a área de introducción ao curso:

  • Oculta todas as ferramentas (pulsando sobre a icona de ollo, que debe quedar en cor gris)

  • Pulsa o botón dereito do teu rato sobre calqueira ferramenta á que queiras que accedan os estudantes.

  • Selecciona Copiar ruta da ligazón

  • Pulsa sobre Agregar un texto de introdución

  • Escribe un texto de introdución (podes usar táboas , ou código html externo para posicionar os elementos no lugar exacto no que os precises, e engade unha icona que elixiras para representar o aceso a esa ferramenta.

  • Pulsa sobre a icona e con ela seleccionada, pulsa sobre a icona de creación de ligazóns

  • « Pega » a ligazón tal e como o gardaches un par de pasos antes (CTRL-V debería funcionar)

  • Pulsa sobre o botón de gardar texto de introdución.

Con este cambio, quedarache unha páxina principal do curso totalmente personalizada. Soamente se verán a maiores o pé e a cabeceira do campus.

results matching ""

    No results matching ""