Paradigmas de la formación

Algúns sistemas de xestión da formación caen no erro de intentar apoiar unha metodoloxía de aprendizaxe específica (por exemplo o constructivismo social), quizá para ganar alguhna efímera credibilidade pedagóxica. Mentras que enfocarse nun único paradigma poida ser apropiado, incluso desexable, por parte de profesores ou organizacións, Chamilo resiste a tentación de limitar o deseño da plataforma a un enfoque específico.

Segundo a nosa experiencia, o papel dun Sistema de Xestión do Aprendizaxe (LMS) é proporcionar unha ferramenta que poida adaptarse ás necesidades e os desexos do usuario. Aportar “o instrumento correcto para o traballo” pode estar ben para ferramentas cun único propósito (un martillo, un garfo ou un lápiz). Para un sistema complexo coma un LMS, sen embargo, é unha combinación da amplia gama de funcionalidades flexibles e adaptables da plataforma e o uso creativo das mesmas por parte do profesor, o que resultará, no seu momento, en cursos que reflexen unha metodoloxía específica de aprendizaxe, xa sea construtivismo social, instrucionalismo, condutismo, construtivismo radical, interacionismo simbólico, ou outros.

Chamilo recoñece o papel do profesor en elixir o seu propio enfoque de ensinanza, e esfórzase en asegurar que todos estes paradigmas educativos poidan ser efectivamente implementados empregando varias combinacións das flexibles ferramentas proporcionadas pola plataforma.

Chamilo LMS permiteche desenvolver un curso empregando calqueira paradigma/enfoque/método co que ti, como profesor (ou a túa institución/empresa), síntaste cómodo e desta forma asegúrate que teñas as ferramentas apropiadas para traballar.

results matching ""

    No results matching ""