Borrando un arquivo ou un directorio

Para borrar, editar, ocultar ou mostrar un arquivo ou directorio, usa as opcións da columna dereita na lista de documentos:

Ilustración 37: Documentos - Opcións

Como te darías de conta, as iconas varían dependendo do tipo de documento. Os documentos HTML ofrecen máis posibilidades.

A icona de varita máxica permiteche empregar o documento seleccionado como unha plantilla para crear novos documentos. Esto fai moi fácil asegurar un estilo visual consistente para todos os documentos do mesmo curso.

A icona de PDF permiteche exportar o documento en formato PDF. Esto pode ser particularmente útil se desexas ler o teu curso no tren ou no avión, onde non teñas aceso á túa plataforma e-learning.

results matching ""

    No results matching ""