Presentación de Imaxes

Se dentro da ferramenta de Documentos tes varias imaxes e queres velas todas á vez, podes utilizar a opción de presentacións. Para empregar esta opción, tes que facer clic na icona de Ver presentación que atoparas no menú de opcións na parte superior da lista de documentos. A continuación verás unha especie de presentación de diapositivas coas imaxes da carpeta na que te atopes, as cales mostraranse unha a unha; podes cambiar de imaxe facendo clic nas frechas de navegación ubicadas na parte superior dereita da vista de presentación. Cada imaxe ten como pie o seu nome, tamaño e espazo en disco que ocupa.

Ilustración 40: Vista de presentación dunha galería de imaxes

A plataforma ofrece unha maneira máis práctica de ver as imaxes en forma de miniaturas. Para aceder a esta vista, tes que facer clic na icona de Ver miniaturas e verás todas as túas imaxes á vez nun tamaño pequeno tal e como se mostra a continuación.

Ilustración 41: Vista de miniaturas

Adicionalmente nesta vista de presentación tes dispoñibles as Opcións de presentación, ás que podes aceder facendo clic nesta icona , e en dónde poderás modificar a maneira na que se mostran as imaxes.

results matching ""

    No results matching ""