Atopando o camiño en Chamilo

A maioría das páxinas son rápidamente acesibles a través das lapelas da parte superior da fiestra:

As “lapelas” (elementos do menú superior), permiten aceder á páxina de inicio, a relación de cursos, a túa axenda, a páxina de informes/seguimento, a rede social e (se tes a sorte de ser o administrador do portal) ao panel de control e a administración. A última parte (máis á dereita) mostra a cantidade de mensaxes non lidos no buzón, o nome de usuario (de forma que podes comprobar que non estás acedendo por erro con outra conta) que serve como menú desplegable para aceder á rede social, e un enlace para sair do sistema (desconectarse) nun solo clic.

A partir da versión 1.9, este menú se comporta de maneira “responsive” (termo usado para expresar a adaptabilidade da interfaz frente a cambios de tamaño de pantalla, como para o uso de tabletas y smartphones), reducíndose para dar máis espazo ao contido.

Dentro dun curso, móstrase a barra de navegación que atoparías en calqueira outro software.

En Chamilo, esta barra é coñecida como navegación en migallas de pan, (unha referencia ao conto popular Pulgarcito que salvou a vida dos seus irmáns deixando un rastro de migas de pan no bosque para poder atopar o camiño de volta a casa). Este tipo de navegación permite ao usuario atopar o camiño de regreso o seu punto de partida.

O primeiro enlace de “migallas de pan”, na esquerda, mostra o nome do curso, e permite ao usuario regresar á páxina de inicio do curso directamente. Os enlaces á dereita deste punto, dirixen aos elementos do curso nos que o usuario se atope situado.

Dentro dun curso, a Vista de estudante permite ao profesor ver o curso como un alumno. O enlace entón cambia a Vista de profesor. Facendo clic no novo enlace regrésase á vista normal do docente:

Ilustración 11: Vista de estudante

Last updated