# Presentación de Imaxes

Se dentro da ferramenta de *Documentos* tes varias imaxes e queres velas todas á vez, podes utilizar a opción de presentacións. Para empregar esta opción, tes que facer clic na icona de *Ver presentación*![](https://1467687881-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-legacy-files/o/assets%2F-LH9CCYPqjHw1VKNcuiq%2Fsync%2F2ad110746bea4a8b382beba67edc4c8610ad7d42.png?generation=1598261543426081\&alt=media) que atoparas no menú de opcións na parte superior da lista de documentos. A continuación verás unha especie de presentación de diapositivas coas imaxes da carpeta na que te atopes, as cales mostraranse unha a unha; podes cambiar de imaxe facendo clic nas frechas de navegación ubicadas na parte superior dereita da vista de presentación. Cada imaxe ten como pie o seu nome, tamaño e espazo en disco que ocupa.

![](https://1467687881-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-legacy-files/o/assets%2F-LH9CCYPqjHw1VKNcuiq%2Fsync%2F63b9f8d0613a3a7f30017e84186b32d68ab1fbed.png?generation=1598262664564397\&alt=media)Ilustración 40: Vista de presentación dunha galería de imaxes

A plataforma ofrece unha maneira máis práctica de ver as imaxes en forma de miniaturas. Para aceder a esta vista, tes que facer clic na icona de *Ver miniaturas*![](https://1467687881-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-legacy-files/o/assets%2F-LH9CCYPqjHw1VKNcuiq%2Fsync%2F2a8ada1f545f5d144586a756ea8a887caa9b555d.png?generation=1598261545720041\&alt=media) e verás todas as túas imaxes á vez nun tamaño pequeno tal e como se mostra a continuación.

![](https://1467687881-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-legacy-files/o/assets%2F-LH9CCYPqjHw1VKNcuiq%2Fsync%2F4682f9106e3c5ceeb2ae270fa340365714e803ef.png?generation=1598261543767585\&alt=media)Ilustración 41: Vista de miniaturas

Adicionalmente nesta vista de presentación tes dispoñibles as *Opcións de presentación,* ás que podes aceder facendo clic nesta icona ![](https://1467687881-files.gitbook.io/~/files/v0/b/gitbook-legacy-files/o/assets%2F-LH9CCYPqjHw1VKNcuiq%2Fsync%2F163496fd3b02208210c449e85b8110f27340df16.png?generation=1598261543242839\&alt=media), e en dónde poderás modificar a maneira na que se mostran as imaxes.
