Tanto os profesores coma os estudantes poden suscribirse aos cursos existentes no seu campus. Se un profesor se apunta a un curso, será considerado estudante nese curso e non terá aceso ás ferramentas que habitualmente están dispoñibles para os profesores. Se queres apuntarte a un curso como profesor, entón terás que solicitarlle ao propietario do curso que te matricule como tal.
Pulsando sobre o enlace Catálogo de cursos aparecerá o listado de categorías cos seus respectivos cursos. Para apuntarte a un, debes pulsar sobre o botón Inscribirme (un botón verde co símbolo de entrada). Podes empregar a caixa de búsqueda que aparece no catálogo de cursos para localizar o curso do teu interés.
Ao inscribirte a un curso, asignarásete o rol de estudante nese curso.
Ilustración 22: Catálogo de cursos
Na interface de xestión de cursos, se atopan as seguintes iconas e botóns:
Para empregar esta funcionalidade ve a Os Meus Cursos, selecciona o enlace Ordear os meus cursos para chegar á páxina da ferramenta de organización dos cursos. Fai clic na opción Crear unha categoría persoal de cursos, e completa o nome da categoría que desexas. Por último, fai clic no botón Engadir categoría.
A categoría persoal creada aparece nunha lista na parte inferior da páxina. É posible crear varias categorías persoais de cursos.
Pulsa sobre o icono de lápiz que hai ao lado de cada curso para asignarlle unha categoría. No menú despregable que aparece poderás elixir a qué categoría queres asignar ese curso. Unha vez elexida a categoría pulsa sobre o botón de confirmación. Cos cursos ordeados e vinculados a categorías persoais, os cursos na páxina principal quedan máis organizados. Os cursos non asignados a unha categoría persoal móstranse na parte superior da páxina.
Para eliminar unha categoría, pulsa sobre a cruz vermella e confirma a túa elección.
Ilustración 18: Ordear os meus cursos
Ilustración 19: Formulario de creación de categorías personais
Ilustración 20: Categoría persoal creada
Ilustración 21: Categorías persoalizadas de cursos
Iconas
Funcionalidade
Actualizar/editar un curso
Eliminar un curso
Descrición do curso
Enlace á páxina principal do curso (só estará dispoñible se un curso é público ou está aberto)
Inscripción ao curso
Con Chamilo pódense xestionar e organizar unha gran cantidade de cursos. Para axudar nesta tarea existen, ademáis das categorías xerais comúns a todos os docentes, as categorías personais. Éstas son só visibles para o docente que as crea, permitíndolle unha organización personalizada dos cursos que xestiona.
Nota : Esta funcionalidade deixará de manterse, é decir o equipo de desenvolvedores non traballará máis nela, e podería ser abandonada no futuro. Seu uso pode ocasionar conflictos cos cursos ordeados na páxina “Os Meus Cursos” cando éstos se atopan rexistrados dentro de sesións de formación.