Posto que sabemos que as convencións facilitan as cousas para todos á hora de recordar e xestionar, utilizamos un conxunto de símbolos visuais en todo Chamilo. Estos símbolos poden aparecer sós representando unha acción, ou unidos a outro símbolo para representar o obxeto da acción.
A continuación se relacionan algúns dos símbolos máis comúnmente utilizados na plataforma:
Algúns sistemas de xestión da formación caen no erro de intentar apoiar unha metodoloxía de aprendizaxe específica (por exemplo o constructivismo social), quizá para ganar alguhna efímera credibilidade pedagóxica. Mentras que enfocarse nun único paradigma poida ser apropiado, incluso desexable, por parte de profesores ou organizacións, Chamilo resiste a tentación de limitar o deseño da plataforma a un enfoque específico.
Segundo a nosa experiencia, o papel dun Sistema de Xestión do Aprendizaxe (LMS) é proporcionar unha ferramenta que poida adaptarse ás necesidades e os desexos do usuario. Aportar “o instrumento correcto para o traballo” pode estar ben para ferramentas cun único propósito (un martillo, un garfo ou un lápiz). Para un sistema complexo coma un LMS, sen embargo, é unha combinación da amplia gama de funcionalidades flexibles e adaptables da plataforma e o uso creativo das mesmas por parte do profesor, o que resultará, no seu momento, en cursos que reflexen unha metodoloxía específica de aprendizaxe, xa sea construtivismo social, instrucionalismo, condutismo, construtivismo radical, interacionismo simbólico, ou outros.
Chamilo recoñece o papel do profesor en elixir o seu propio enfoque de ensinanza, e esfórzase en asegurar que todos estes paradigmas educativos poidan ser efectivamente implementados empregando varias combinacións das flexibles ferramentas proporcionadas pola plataforma.
Chamilo LMS permiteche desenvolver un curso empregando calqueira paradigma/enfoque/método co que ti, como profesor (ou a túa institución/empresa), síntaste cómodo e desta forma asegúrate que teñas as ferramentas apropiadas para traballar.
Iconos
Descripción
A ferramenta lápis permite a edición dunha parte específica de información ou contido
A aspa permite eliminar unha parte específica de información ou contido
O icono do ollo permite cambiar a visibilidade dunha parte de información ou contido
A estrella amarilla dentro dun icono simboliza a creación dun novo recurso
Unha frecha azul hacia a dereita xeralmente indica mover cousas ou insertar cousas noutras
Unha frecha azul hacia a esquerda xeralmente significa voltar atrás (como o botón de retroceso no teu navegador).
Unha frecha azul hacia abaixo xeralmente indica descargar algún arquivo ou datos.
Unha frecha azul hacia arriba xeralmente significa subir algún arquivo ou datos.
Se debe haber unha razón pola cal Chamilo existe, é a súa xinceleza de uso. Chamilo é a ferramenta ideal para apoiar ao docente neófito en tecnoloxías na súa transición de cursos presenciais a cursos virtuais ou semi-virtuais.
E é que, no equipo de Chamilo, facemos as cousas distintas. Esforzámonos, a cada paso, a cada nova versión, en simplificar a interface para que cualqueira docente que saiba usar un cliente de correo web (a través do seu navegador) tamén saiba usalo, sen necesidade de longas capacitaciones ou de lecturas de manuais como este (que só serve para un uso avanzado do sistema, ou para verificar conceptos básicos e descubrir novas funcionalidades).
A sencillez non só é aprender máis rápido, é acelerar todas as etapas da xeración de contido e de seguimento dos alumnos, a tal punto que non mine a motivación dos docentes, para que eles poidan trasladar a súa paixón máis alá das barreiras técnicas o tecnolóxicas, e que o impacto sobre la educación non sexa reducido por tontas trabas na súa aprendizaxe dunha nova metodoloxía.
Un profesor que utilice Chamilo se beneficiará, ademáis, dunha serie de ferramintas que lle permiten crear un entorno de aprendizaxe eficiente. Ao crear ou editar un curso, poderá:
importar ou crear documentos (audio, vídeo, imaxes) e publicalos,
construir exercicios e exames con calificación automática e retroalimentación se se require,
configurar a entrega de traballos virtuais,
describir os compoñentes do curso a través da sección descripción,
comunicarse a través do foro ou chat,
publicar anuncios,
engadir enlaces,
crear grupos de traballo ou grupos de laboratorio,
establecer un aula virtual (a través da extensión videoconferencia),
xestionar as calificacións, certificacións e competencias na ferramenta de evaluación,
crear enquisas,
engadir unha wiki para crear documentos de maneira colaborativa,
utilizar un glosario,
utilizar unha axenda,
xestionar un proxecto (a través da ferramenta blog),
facer o seguimiento dos estudantes nos cursos,
rexistrar as asistencias,
elaborar un diario de clase (progreso do curso).
A plataforma Chamilo é extremadamente flexible. Todas as súas ferramentas poden ser personalizadas de acordo coas necesidades de cada curso. Proporciona unha interface de usuario amigable e intuitiva que non require de especiais habilidades ou coñecementos previos.