Durante a creación do curso, recoméndase que non permitas aceso aos estudiantes ata que todo esté listo, pois poderían ver un curso incompleto.
Para conseguir isto, o aceso pode restrinxirse dende o apartado de Configuración do curso:
Ilustración 16: Ferramentas de administración do curso
Unha serie de opcións están dispoñibles para o profesor.
Ilustración 17: Configuración do curso - Aceso ao curso
As opcións de visibilidade se atopan na sección “Aceso ao curso” (zona despregable) e son as seguintes:
Público : acesible a cualqueira usuario, rexistrado ou non na plataforma
Aberto : todos os usuarios rexistrados na plataforma poden aceder ao curso sempre que se suscribiran previamente ao mesmo (poden facelo dende o catálogo de cursos). É a opción por defecto.
Privado : o curso é únicamente acesible aos estudantes que foran inscritos ao mesmo por un profesor ou administrador. Asegúrate que a opción de Suscripción esté dispoñible só para os docentes, pois de outra forma os usuarios poderán suscribirse por sí mesmos.
Pechado : o curso só está dispoñible para o profesor ou administrador. Outros usuarios non poden aceder, ainda que fosen previamente suscritos ao mesmo. Esta última opción é recomendable durante a creación ou periodos de mantemento do curso.
A partir da versión 1.9.10, o administrador tamén ten aceso a un nivel de visibilidade adicional, “Agochado”, que lle permite deshabilitar un curso por completo. Se un curso algún día desaparecera da túa lista como profesor, esta podería ser a razón.