Para empregar esta funcionalidade ve a Os Meus Cursos, selecciona o enlace Ordear os meus cursos para chegar á páxina da ferramenta de organización dos cursos. Fai clic na opción Crear unha categoría persoal de cursos, e completa o nome da categoría que desexas. Por último, fai clic no botón Engadir categoría.
Ilustración 18: Ordear os meus cursos
Ilustración 19: Formulario de creación de categorías personais
A categoría persoal creada aparece nunha lista na parte inferior da páxina. É posible crear varias categorías persoais de cursos.
Ilustración 20: Categoría persoal creada
Pulsa sobre o icono de lápiz que hai ao lado de cada curso para asignarlle unha categoría. No menú despregable que aparece poderás elixir a qué categoría queres asignar ese curso. Unha vez elexida a categoría pulsa sobre o botón de confirmación. Cos cursos ordeados e vinculados a categorías persoais, os cursos na páxina principal quedan máis organizados. Os cursos non asignados a unha categoría persoal móstranse na parte superior da páxina.
Ilustración 21: Categorías persoalizadas de cursos
Para eliminar unha categoría, pulsa sobre a cruz vermella e confirma a túa elección.