Antes de entrar máis a detalle na revisión ds ferramentas propostas nos cursos, nos parece importante revisar contigo a interface do editor en liña, ocasionalmente calificado como WYSIWYG, para What You See Is What You Get, que significa que permite editar de maneira visual unha sección ou un documento e que isto se garde como código HTML que permitirá ter unha visualización para o usuario final casi idéntica á que se ten ao momento da edición.
Este editor WYSIWYG cambiou considerablemente na versión 1.10, razón pola cual parécenos importante revisalo.
Co novo editor WYSIWYG (CKeditor), o procedemento de subida de arquivos (fotos ou imaxes, en xeral) é considerablemente distinto das versións anteriores. Por isto preferimos explicar, nuns pasos, o seu funcionamiento.
Paso 1: abrir o editor WYSIWYG nalgún lugar
Paso 2: dar clic na icona de paisaxe
Paso 3: na ventana emerxente, selecionar o botón “Ver Servidor”
Paso 4: na nova ventana emerxente, usar a sexta icona que representa un disquette cun símbolo “+” verde
Paso 5: seleccionar o arquivo no teu disco e dar clic en “Abrir”
Paso 6: cando o archivo sexa subido, dar doble clic no arquivo que se mostra na lista
Paso 7: na fiestra emerxente orixinal, aparece unha vista previa da imaxe a usar no contenido. Axustar o seu tamaño e aliñación. Unha vez listo/a, podes confirmar e a imaxe quedará inserida no documento editado.
O primeiro elemento importante de coñecer é que a barra de ferramentas do editor WYSIWYG non sempre é a mesma, e é a propósito. Se tiveramos que propor cada vez unhas 30-40 iconas, volvería a interface moi pesada. Por isto, traballamos con docentes no campo para tratar de propor unha primeira visualización que sexa satisfactoria para unha maioría de persoas en cada contexto particular de Chamilo.
Por exemplo, na sección de introdución ao curso, a barra de ferramentas verase como segue.
Aquí atopamos todos os botóns esenciais inmediatamente ao crear a introdución dun curso. Non é (xeralmente) necesario ter opcións como a redacción de fórmulas matemáticas na introdución ao curso.
Sen embargo, conscientes de que existen todo tipo de circunstancias, agregamos un modo “expandido” ao que se accede usando a última icona (4 frechas hacia o exterior) para agrandar a zona de edición á páxina completa e ter o espazo suficiente para engadir ferramentas na barra correspondente, como se ve a continuación.
Neste caso, só expandindo a zona de edición, pasamos de 30 iconas de opcións a máis de 45.