Ilustración 26: Ferramentas de creación de contidos
A descrición do curso non é obrigatoria, pero permite dunha maneira sintética e global describir o curso e dar unha idea previa do curso aos futuros alumnos.
Esta ferramenta inclúe varias seccións a modo de suxerencia. Se as seccións propostas non encaixan coas túas necesidades, podes crear seccións específicas co nome que queiras:
«Descrición do curso»,
«Obxetivos»,
«Temas»,
«Metodoloxía» etc,
Podes eliminar seccións en calqueira momento pulsando sobre a icona Eliminar; ou podes editalas usando a icona do lapis.
A descrición está dispoñible para os alumnos dentro do curso, tamén a través do catálogo de cursos (co botón de Descrición). Este botón abre unha fiestra emerxente que mostra a descrición rexistrada previamente polo docente.
Esta ferramenta úsase para engadir e organizar documentos ou arquivos (texto, imaxes, audio, vídeo, arquivos HTML, etc.) que van a ser empregados no curso. Nesta ferramenta podes crear todas as carpetas que queiras para organizar a documentación do curso.
A ferramenta de exercicios utilízase para crear, actualizar ou importar tests e exames no curso. Inclúe funcionalidades para puntuar os tests de maneira automática ou manual, enviar feedback aos alumnos e realizar un completo seguimento do seu progreso. Pódese empregarar de maneira avanzada a ferramenta de tests, de modo que constitúa o corazón dos nosos cursos.
Nota: Se ves dende Moodle, esta ferramenta e similar á funcionalidade de organización de bloques da túa páxina principal do curso.
Nota : as leccións creadas dentro do curso tamén poden ser visibles a través da sección «Creación de contidos», o cal podería xerar redundancia. É posible mostralo ou ocultalo usando a icona de doble cadrado na lista das lecciones («Facer visible aos alumnos»).
Esta ferramenta permite crear ou actualizar leccións que actúen como guía para os teus alumnos de modo que lle indiquen qué secuencia de aprendizaxe debe seguir para revisar todos os contidos do teu curso. Permite varias opcións de configuración; por exemplo: guiar a un alumno para que realice unha lectura concreta e despois un test de autoevaluación sobre ela.
Esta ferramenta é especialmente útil cando é preciso asignar unha puntuación polo realizado en todo un curso. Permite a creación dun libro de notas ao que se lle poden incorporar de maneira automatizada resultados de actividades realizadas online e resultados de tareas presenciais. Tamén permite a xeración automatizada de certificados. (Esta ferramenta non é tan intuitiva como as restantes do campus, xa que implica un gran número de parámetros na súa utilización).
Permite o rexistro das asistencias dos alumnos para telo en conta á hora de realizar a evaluación.
Esta ferramenta permite engadir ligazóns a sitios web externos dende o curso, o que pode ser moi interesante para os alumnos. Pódense incorporar ligazóns tamén nas lecciones.
Con esta ferramenta pódense crear anuncios relacionados co curso que serán enviados aos alumnos e que éstes verán en forma de advertencia cando accedan ao curso. Pódense personalizar e configurar para que só se vexan dende o curso ou para que sexan enviados tamén por correo a todos ou só uns cantos usuarios. Tamén permite adxuntar documentos.
Os glosarios son moi valiosos para o alumnado en determinados cursos. Esta ferramenta permite engadir e ver termos e as súas definicións (incluso con son e gráficos). Os glosarios pódense exportar como csv ou como arquivos en formato PDF.
Esta ferramenta permite a creación de seccións temáticas, o que permite que funcione coma un diario do curso para indicar aos alumnos cómo vai progresando o curso.
Esta ferramenta non aparece de entrada na sección de creación de contidos, pero se creas un blog, entón si que aparecerá a icona correspondiente. Esta ferramenta permite a organización de traballo colaborativo entre os alumnos. Pode mostrarse ou ocultarse esta ferramenta aos alumnos usando a icona do ollo.
A ferramenta de búsqueda só está dispoñible se o administrador do curso a ten habilitada, xa que require da instalación de módulos específicos externos a Chamilo que teñen a súa complexidad á hora de instalalos. Se esta ferramenta está activada, poderás realizar búsquedas na maior parte dos documentos existentes na plataforma, incluidos aqueles textos que foran importados en Chamilo.