O grupo de utilidades da sección de administración, ás que o estudante nunca debe precisar aceder – e polo tanto non existe opción de ocultar ou mostrar as ferramentas – está deseñado únicamente para uso do profesor.
Ilustración 28: Ferramentas de Administración
Aquí o profesor puede crear novos blogs visibles e dispoñibles para os estudiantes na sección de Creación de contidos. Un blog integra xestión de tarefas e usuarios a través dun calendario dentro da propia ferramenta, proporcionando unha xestión efectiva de proxectos colaborativos.
Xestiona os parámetros de configuración do curso coma profesor. Estes parámetros están ordeados en varias secciones:
Esta importante utilidade para o profesor mostra un seguemento dos estudantes en leccións, exercicios, foros, etc., así como o tempo invertido no curso, o porcentaxe de progreso, calificacións, tarefas, número de mensaxes e data de última conexión. É unha potente ferramenta de monitorización que pode aforrar ao profesor unha gran cantidade de tempo e monótono traballo de mantemento.
Aquí podes (e regularmente debes) realizar copias de seguridade do teu curso e exportalas como arquivo. Tamén podes utilizala para importar unha copia previa e borrar todo a parte do contido e datos do curso. Tamén podes usar esta ferramenta simplemente para borrar o curso – sé coidadoso, sen embargo – ¡non hai volta atrás!
Configuración do curso
Xestiona e actualiza elementos como o título do curso, categoría, idioma, imaxe, etc.
Aceso ao curso
Configura o aceso ao curso (visibilidade, suscripción e outros permisos)
Notificacións por e-mail
Configura o comportamento dos avisos por e-mail
Dereitos do usuario
Configuración da axenda, anuncios, ou mostrar imaxes no foro
Configuración do chat
Configura cómo se abre a ferramenta chat
Configurar a ferramenta leccións
Permite habilitar o tema gráfico nas leccións, así como outros parámetros da ferramenta
Configuración da ferramenta de programacións didácticas
Decide se a información de progreso debe mostrarse na páxina de inicio do curso