Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Loading...
Normalmente, o primeiro paso que da un profesor cando precisa agregar contido a un curso é ir á ferramenta Documentos e subir a ela contido xa existente (na forma de PDF, PowerPoint, etc.).
Chamilo permite a importación de todo tipo de documentos (HTML, MS-Word®, MS-PowerPoint® MS-Excel®, PDF, Flash, Quicktime®, OpenOffice.org, LibreOffice, MP3, OGG, AVI, etc.) e pode ser empregado coma un simple catálogo de documentos mentras o profesor constrúe un banco de materiais (unhas poucas semanas, dependendo do contexto).
Podes renomear documentos en cualqueira momento e organizalos en directorios/carpetas. O único aspecto a ter en conta é que o usuario, por suposto, debe ter o software preciso instalado no seu ordenador para ler el documento a súa disposición. Recomendamos o uso de formatos estándar e abertos (ver nota inferior) para evitar ao alumno a necesidade de descargar ou comprar costoso software que poidera ser demasiado específico (por exemplo que non tivera outros usos) ou que resultase difícil de manter.
Con respecto ao almacenamento de ficheiros, precisas estar seguro de organizar os Documentos coidadosamente para facer máis fácil localizalos a posteriori.
Nota : A comunidade Chamilo loita por unha completa liberdade na distribución de material educativo. Desde esta perspectiva, dase unha alta prioridade ao soporte de formatos e aplicacións abertas, como LibreOffice® e o seu formato OASIS en lugar do paquete Microsoft® Office®; OGG (e as súas variantes) en lugar de MP3® ou DivX®; etc. Así, recordamoste que todas as características de Chamilo poidan ser empregadas cun simple navegador de especificacións abertas. A única excepción é a videoconferencia e os exercicios hotspot, que requiren o accesorio de Flash® (o cal é libre pero non aberto). Estamos traballando neste último elemento para aumentar a dispoñibilidade deste tipo de exercicios a dispositivos que non soporten Flash®.
Cando creamos un curso novo con contido de exemplo, a ferramenta Documentos contén varios directorios (audio, flash, imaxes__, etc) por defecto.
Estos directorios están destinados a proporcionar axuda adicional para organizar os recursos dentro do curso. Unha vez que se teñen 20 ou máis documentos no directorio raíz, vólvese difícil localizar un documento cando se precisa, porque terás que deslizar a pantalla arriba e abaixo para conseguir ver todos os ficheiros. Por iso, recomendamos non ter máis de 20 ficheiros por cartafol – boa práctica xeral en cualqueira xestión de arquivos.
Eses directorios, por defecto, son invisibles para os alumnos. É decisión do profesor se os alumnos deben ou non ver o seu contido (facendo clic na icona do ollo).
Ilustración 30: Documentos – Lista de directorios por defecto
Por suposto, é posible crear outros directorios empregando a icona de crear cartafol. Para navegar rápidamente dentro da árbore de directorios, unha lista desplegable, denominada Cartafol actual está dispoñible na parte superior esquerda da pantalla, permitindo acceder a cualqueira nivel de directorios en documentos.
Unha vez dentro dun directorio, a icona de “subir un nivel” permite ao profesor voltar atrás un nivel.
Para borrar, editar, ocultar ou mostrar un arquivo ou directorio, usa as opcións da columna dereita na lista de documentos:
Ilustración 37: Documentos - Opcións
Como te darías de conta, as iconas varían dependendo do tipo de documento. Os documentos HTML ofrecen máis posibilidades.
A icona de varita máxica permiteche empregar o documento seleccionado como unha plantilla para crear novos documentos. Esto fai moi fácil asegurar un estilo visual consistente para todos os documentos do mesmo curso.
A icona de PDF permiteche exportar o documento en formato PDF. Esto pode ser particularmente útil se desexas ler o teu curso no tren ou no avión, onde non teñas aceso á túa plataforma e-learning.
Por defecto un curso ten unha cuota de espazo de 100MB, sen embargo se se require máis espazo, o administrador da plataforma pode incrementar esta cuota. Para verificar o espazo usado e dispoñible da cuota asignada a un curso hai que acceder á ferramenta de documentos e xusto ao final da lista verás unha mensaxe que indica o porcentaje da cuota do curso que está sendo utilizada.
Ilustración 38: Cuota de espazo do curso
Se consideras que en poucos días alcanzarás ou superarás o límite da cuota de espazo dun curso, contacta co administrador da plataforma e pregúntalle se é posible incrementar o espazo dispoñible do teu curso. Só o administrador da plataforma ten os permisos para levar a cabo esta tarefa.
Ilustración 39: Gráfico de la distribución da cuota de espazo ocupada e dispoñible
Nota: En Chamilo 1.9 a limitación do espazo dispoñible nun curso soamente se aplica para os ficheiros que se suban a través da ferramenta de “Documentos”, polo tanto, os usuarios poden enviar todas as tarefas que requiran sen preocuparse sobre o límite do espazo dispoñible no curso.
Se queres ter unha visión máis clara da cuota de espazo dispoñible no teu directorio de documentos, fai clic na icona de porcentaxe que atoparás no menú de opcións na parte superior da lista de documentos . Unha vez que fagas clic en dita icona verás un gráfico como o que se mostra a continuación.
Para lograr unha clara estrutura de almacenamento, Chamilo permiteche crear directorios (cartafols) e subdirectorios facendo clic na icona de cartafol co asterisco amarelo .
Ilustración 29: Documentos – crear directorios
Para crear un directorio:
Clic na icona de Crear cartafol,
Introducir o nome do directorio,
Clic no botón de Crear a cartafol,
O novo directorio foi creado e podes empregalo xa para almacenar novos documentos.
Se queres crear un subdirectorio, abre o directorio onde queres crealo e segue o mesmo procedimento.
Se dentro da ferramenta de Documentos tes varias imaxes e queres velas todas á vez, podes utilizar a opción de presentacións. Para empregar esta opción, tes que facer clic na icona de Ver presentación que atoparas no menú de opcións na parte superior da lista de documentos. A continuación verás unha especie de presentación de diapositivas coas imaxes da carpeta na que te atopes, as cales mostraranse unha a unha; podes cambiar de imaxe facendo clic nas frechas de navegación ubicadas na parte superior dereita da vista de presentación. Cada imaxe ten como pie o seu nome, tamaño e espazo en disco que ocupa.
Ilustración 40: Vista de presentación dunha galería de imaxes
A plataforma ofrece unha maneira máis práctica de ver as imaxes en forma de miniaturas. Para aceder a esta vista, tes que facer clic na icona de Ver miniaturas e verás todas as túas imaxes á vez nun tamaño pequeno tal e como se mostra a continuación.
Ilustración 41: Vista de miniaturas
Adicionalmente nesta vista de presentación tes dispoñibles as Opcións de presentación, ás que podes aceder facendo clic nesta icona , e en dónde poderás modificar a maneira na que se mostran as imaxes.
Podes importar un novo documento indo ao cartafol de destino desexado e facendo clic no icono de Subir documentos .
Ilustración 31: Documentos - Iconos – Subir documentos
Aparece a seguinte pantalla:
Ilustración 32: Documentos – Subida de documentos
Fai clic na área verde para explorar os arquivos no teu disco e selecciona un(s) para subir.
Na ventana pop-up, fai clic no botón de confirmación. A subida comeza. Se envías varios arquivos á vez, verás o progreso de subida de cada un en tempo real.
Unha vez finalizada a subida, aparece a seguinte lista de validación:
Ilustración 33: Documentos – Subida de documentos finalizada
A marca verde indica que o documento foi subido con éxito. Fai clic na iconq coa frecha azul de arriba para volver á lista de documentos.
Nota: A lapela de Enviar(Simple) permite empregar o procedemento tradicional de “fiestra de diálogo” para subir documentos. O chamamos Simple porque os usuarios en xeral están máis acostumados a utilizalo, ¡aínda que é realmente un pouco máis complicado de empregar! As opcións de indexado de documentos poden soamente ser atopadas no método Simple (no caso de que o teu administrador habilitara a característica de búsqueda) así como unha opción para descomprimir unha xerarquía completa de arquivos.
Unha grande ventaxa de Chamilo fronte a outros sistemas de xestión do aprendizaxe (LMS) é que proporciona un amplio abanico de características para a creación efectiva de contido no curso. A barra de ferramentas da parte superior da páxina de documentos mostra un rango de utilidades de apoio á autoría de contido. Algúns destas iconas aparecen únicamente cando a opción correspondente foi activada polo administrador.
Ilustración 34: Documentos – barra de ferramentas
As iconas marcadas cun asterisco amarelo representan ferramentas de creación. En primeiro lugar, o profesor pode crear documentos multimedia enriquecidos directamente a través da ferramenta documentos, sen necesidade de sistemas externos de autoría. Simplemente facendo clic na icona de crear un documento dentro da carpeta desexada aparece un completo editor online.
Ilustración 35: Documentos – Crear un novo documento
Despois de asignar un nome ao documento, é posible utilizar todas as opcións no editor de texto incrustado para dar formato ao documento. O editor soporta un amplio rango de elementos, incluindo táboas, imaxes, audio, vídeo, Flash, etc. Inclúe un editor html, o que implica que, para aqueles con coñecimentos de programación, ¡non hai límite en términos de enriquecer o contido!
Podes tamén empregar unha serie de plantillas para documentos (dispoñibles na columna esquerda), ou crear e gardar as túas propias plantillas para deseñar novas páxinas.
Unha vez que o documento foi creado/editado, gárdao facendo clic no botón de Crear un documento.
Outros tipos de documentos poden ser creados dependendo do teu navegador e da configuración do portal (consulta ao teu administrador sobre habilitar estas características extra se non as ves na barra de ferramentas).
Chamilo permíteche copiar todos os documentos, ou un directorio específico, simplemente facendo clic no icono de Gardar (ZIP) na barra de ferramentas superior.
Ilustración 36: Documentos – Descargar unha copia
Tamén é posible copiar un só ficheiro facendo clic na icona de descargar á dereita do nome do ficheiro, ou descargar un directorio específico facendo clic na icona de gardar(ZIP) á dereita na lista de directorios. A icona do maletín permite compartir unha copia do arquivo na súa zona privada da rede social (ver capítulo 35).
Icono
Característica
A utilidade de debuxar permíteche trazar diagramas ou esquemas en formato vectorial, que pode ser re-editado ou exportado a mapa de bits.
A utilidade de retoque fotográfico é moi similar a Photoshop® e permite editar, recortar, colorear, etc., fotografías e outras imaxes de mapa de bits.
A ferramenta de grabación de audio permite grabar pistas de sonido directamente dende o teu navegador, usando o teu micrófono (nun portátil, o micrófono xeralmente está integrado). Requírese soporte de Flash® o applets de Java® no navegador para elo.
A utilidade de crear audio dende texto permite facer que o ordenador fale por ti. Próbao. Sorprenderache pola calidade das voces xeradas.
A ferramenta webcam clip permíteche grabar un fotograma directamente dende a túa webcam. Requírese Flash®.