Por defecto un curso ten unha cuota de espazo de 100MB, sen embargo se se require máis espazo, o administrador da plataforma pode incrementar esta cuota. Para verificar o espazo usado e dispoñible da cuota asignada a un curso hai que acceder á ferramenta de documentos e xusto ao final da lista verás unha mensaxe que indica o porcentaje da cuota do curso que está sendo utilizada.
Ilustración 38: Cuota de espazo do curso
Se consideras que en poucos días alcanzarás ou superarás o límite da cuota de espazo dun curso, contacta co administrador da plataforma e pregúntalle se é posible incrementar o espazo dispoñible do teu curso. Só o administrador da plataforma ten os permisos para levar a cabo esta tarefa.
Ilustración 39: Gráfico de la distribución da cuota de espazo ocupada e dispoñible
Nota: En Chamilo 1.9 a limitación do espazo dispoñible nun curso soamente se aplica para os ficheiros que se suban a través da ferramenta de “Documentos”, polo tanto, os usuarios poden enviar todas as tarefas que requiran sen preocuparse sobre o límite do espazo dispoñible no curso.
Se queres ter unha visión máis clara da cuota de espazo dispoñible no teu directorio de documentos, fai clic na icona de porcentaxe que atoparás no menú de opcións na parte superior da lista de documentos . Unha vez que fagas clic en dita icona verás un gráfico como o que se mostra a continuación.