Engadindo preguntas a un exercicio

Unha vez que se creou un exercicio e se fixo clic en Preparar preguntas, mostrarásenos a páxina de preguntas.

Ademáis da barra de ferramentas, nesta páxina móstranse os diferentes tipos de preguntas que poden crearse os cales descríbense nesta sección. Esta mesma páxina pode ser accedida despois utilizando a icona de editar exercicio dende a lista de exercicios do curso. Cada exercicio pode ter unha combinación dos distintos tipos de preguntas, o cal pode ser útil para asegurarse de que os exercicios non son monótonos.

Encher brancos

Resposta única

Resposta aberta

Zona de imaxe

Resposta única con « non sei »

Combinación V/F ?

Resposta múltiple

Relacionar

Expresión oral

Combinación exacta

Resposta multiple V/F ?

Resposta múltiple global

Ilustración 46: Exercicios – Tipos de preguntas

As preguntas son creadas utilizando un formulario en liña, bastante intuitivo de encher, o cal varía dependendo do tipo de pregunta. A continuación descríbense detalladamente cada unha delas.

Os seguintes puntos, son consideracións xerais a tomar en conta no momento de crear a maioría do tipo de preguntas empregando o formulario en liña da plataforma:

  1. A columna “Comentario” só se mostrará se se selecciona a opción mostrar retroalimentación nos axustes avanzados no momento de crear o exercicio (se non queres mostrar retroalimentación algunha non ten sentido que se mostre esta columna na páxina).

  2. Calqueira campo do formulario marcado cun asterisco vermello * debe ser enchido.

  3. Cada pregunta ten un título e unha descripción. É recomendable mostrar un título corto e descriptivo no campo titulo, e escribir a verdadeira pregunta no campo de Enriquecer pregunta. Esta práctica permitirate presentar unha pregunta máis completa e máis significativa, na cal pode empregar imaxes ou incluso incluir audio ou vídeo.

  4. Todos os campos de respostas e comentarios teñen ferramentas de edición que están ocultas por defecto, pero que poden ser mostradas facendo clic na pequena frecha de cor negra que verás na esquina superior esquerda de cada campo. Estas ferramentas permitirante engadir imaxes, enlaces e audio as túas respostas ou comentarios de retroalimentación.

  5. Cada tipo de pregunta involucra unha asignación de puntos. No caso de preguntas que requiran unha valoración posterior por parte do profesor, esta asignación será simplemente a calificación máxima que pode asignar un profesor a unha pregunta concreta. No caso de exercicios obxetivos no que os alumnos deban seleccionar unha resposta, a puntuación de cada resposta correcta ou incorrecta pode definirse, incluso asignando valores negativos. En exercicios que involucren distintos tipos de preguntas, os profesores deben reflexionar sobre cal é o peso idóneo para cada pregunta sobre o total de puntos que pode chegar a valer un exercicio.

  6. No caso de preguntas de resposta múltiple, os profesores deben considerar o número de opcións que ofrecerán en cada pregunta, isto pode realizarse utilizando os botóns de engadir resposta (__icona cor verde) ou Quitar resposta (__icona cor vermella) que se mostran na parte inferior do formulario de creación dunha pregunta.

  7. Tamén poden definir unha dificultade para cada pregunta no apartado de Parámetros avanzados. Isto pode ser de utilidade para refinar a avaliación do traballo realizado polos estudantes, ou para revisar o exercicio na súa totalidade. A dificultade dunha pregunta tamén pode ser útil no momento de reutilizar preguntas, xa que é posible filtralas por esta característica.

Tipo 1 : Opción múltiple – Resposta única

Ilustración 47: Exercicios – Opción múltiple, pregunta de resposta única

Tipo 2 : Opción múltiple – resposta múltiple

Ilustración 48: Exercicios – Pregunta de resposta múltiple

Tipo 3 : Cubre os espazos en branco

Ilustración 49: Exercicios – Pregunta de cubrir os espazos en branco

Dende a versión 1.10 de Chamilo, o profesor pode elixir 4 novas opcións en comparación coas versións anteriores:

  • o tipo de marcador para os espazos en branco (por defecto ven [], pero algúns profesores precisan empregalo para o texto normal da súa pregunta)

  • alternativas de respostas, separadas por unha barra vertical “|” (neste caso a primeira será a única correcta e aparecerán desordeadas para o alumno)

  • alternativas de respostas correctas no caso de que varias posibilidades sexan consideradas correctas, separadas por doble barra vertical “||”

  • a dimensión do campo de resposta, para dar unha pauta máis ao alumno sobre a resposta esperada (iconas + e – para dimensionar correctamente o campo)

O alumno verá a pregunta como se mostra a continuación, simplemente deberá escribir a palabra correcta nos espazos en branco, ou se son varias posibilidades, seleccionar a correcta.

Tipo 4 : Relacionar

Ilustración 51: Exercicios – Tipo de pregunta relacionar

O estudante verá a pregunta como se mostra a continuación.

Tipo 5 : Resposta aberta

Ilustración 52: Exercicios – Preguntas de tipo resposta aberta

Cando o alumno vexa a pregunta, verá un cadro de texto onde poderá escribir a súa resposta, tal e como se mostra a continuación (pode utilizar a pequena frecha de cor negra na equina superior esquerda para facer uso de ferramentas que lle permitirán enriquecer a súa resposta, como por exemplo poñendo encabezados ou resaltando texto).

Tipo 6: Expresión oral

Ilustración 53: Exercicios – Pregunta do tipo de expresión oral

Para gravar a súa resposta, o alumno simplemente precisa presionar o botón Grabar resposta cando esté listo para falar e seguir as instruccións que o gravador de voz lles mostrará en pantalla. Unha vez finalizada a gravación, ésta enviarase automáticamente ao profesor para que a evalúe.

Tipo 7 : Hotspot, ou Zonas de imaxe

Ilustración 54: Exercicios – Preguntas de tipo zonas de imaxe

Unha vez que subas a túa imaxe ao servidor e lle das un nome á túa pregunta, poderás engadir ou quitar zonas interactivas na imaxe, definindo áreas como elipses, rectángulos ou polígonos. Da mesma forma que nos outros tipos de preguntas, podes engadir comentarios de retroalimentación e determinar os puntos que vale cada unha das zonas interactivas.

Cando o alumno ve a pregunta, debe facer clic na figura para identificar as áreas que se lle pidan, cada vez que se faga clic, aparecerá un número sobre a área que o alumno seleccionara.

Ilustración 55: Exercicios – Vista do alumno dunha pregunta de zonas de imaxe

Tipo 8 : Combinación exacta

Ilustración 56: Exercicios – Pregunta do tipo de combinación exacta

Tipo 9 : Resposta única con non sei

Ilustración 57: Exercicios– Pregunta do tipo resposta única con non sei

Tipo 10 : Resposta múltiple Verdadeiro/Falso/Non sei

Ilustración 58: Exercicios – Resposta múltiple verdadeiro/falso/non sei

Tipo 11 : Combinación Verdadeiro/falso/non sei

Ilustración 59: Exercicios – Combinación verdadeiro/falso/non sei

O alumno verá a(s) pregunta(s) e empregará os selectores (botóns radio) desta forma:

(Nota: unha resposta “non sei” xerará unha puntuación de cero, polo que o máis xusto para este formato sería que contese unha ou dúas preguntas – requirindo un uso prudente por parte do profesor)

Tipo 12 : Resposta global múltiple

Ilustración 60: Exercicios – Resposta global múltiple

Tipo 13: Pregunta calculada

Xulia ten [x] mazás e ten que repartirlas entre os seus [y] irmáns de maneira imparcial¿Cantas mazás recibirá cada irmán__?” (co suposto de que a cantidade de mazás que recibirá cada irmán é [z]).

Para elaborar esta fórmula, teríamos que prantexar as cousas como se ve na captura…

Os campos a encher son:

  • un rango para cada valor variable (por exemplo: de 3 a 7, ou de 7 a 20)

  • unha fórmula que permita calcular o esperado do alumno (aquí indicamos [x]/[y])

  • unha puntuación a atribuir ao alumno se resuelve correctamente o problema

  • unha cantidade de variacións do problema a xerar (aquí indicamos 5)

Con estes datos, cada usuario que teña que respostar esta pregunta terá unha de 5 variacións da mesma pregunta.

É posible xogar sobre moitas variacións, e unha ligazón baixo os rangos de variables indica todas as funcións matemáticas que se poden usar.

Nota: é importante non equivocarse con respecto á zona na cal se introduce o texto con corchetes. Un erro común é introducir o texto con corchetes na parte de descripción da pregunta (en “Parámetros avanzados”). Neste caso, non se resaltarán as variables.

Outro error común é reproducir a fórmula de exemplo “tal cal”. O exemplo con “sqrt()” representa a fórmula de raíz cadrada, e non se trata dun prefixo obrigatorio. É un exemplo.

Tipo 14: Resposta de imaxe única

O sistema recomenda subir imaxes de 200 píxeles de ancho sobre 150 píxeles de alto para que o resultado sexa o máis atractivo posible. Aquí un exemplo do formulario para elaborar este tipo de preguntas.

Para o alumno, o rendido é máis atractivo e pódese observar na captura seguinte. Como se pode observar, a selección feita polo estudante está resaltada cun borde de cor azul.

Tipo 15: Arrastrable

O estudante primeiro visualiza a pregunta con botóns arrastrables e zonas numeradas para reflexar a orde.

Logo, unha vez algunas palabras arrastradas, aparece ben, con opcións de anulación.

Tipo 16: Correspondencia arrastrable

A diferencia do tipo 4, as preguntas do tipo 16 teñen que ter a mesma cantidade de propostas que a cantidade de respostas.

Unha vez o estudante arrastrara os puntos da esquerda hacia a súa correspondencia, aparecerán todos as ligazóns en pantalla.

Last updated