Introdución

O valor desta ferramenta para os profesores é evidente, ofrece corrección e retroalimentación automática das respostas dos estudantes, o cal non só significa un aforro de tempo para o profesor, se non que ademáis, o alumno pode auto-evaluarse repetidamente sen sentirse cohibido, por exemplo cando o alumno está nun curso de idiomas e precisa aprender novo vocabulario, ou dentro dun curso de matemáticas debe comprender á perfección algún algoritmo. Grazas á automatización da retroalimentación, os alumnos obteñen de maneira inmediata unha resposta sobre o traballo que realizaron sen depender da presencia ou dispoñibilidade do profesor. Así mesmo, as calificacións dos exercicios poden integrarse automáticamente nas evaluacións do alumno xunto con información relativa á resolución do exercicio como datas, número de intentos, etc. que poden axudar ao profesor a realizar un seguimento do progreso dos seus alumnos durante o curso.

Un exercicio ben diseñado pode proporcionar un inestimable valor coma ferramenta de motivación ao alumno. O profesor ten a posibilidade de definir suxerencias e comentarios de retroalimentación tan detallados como o desexe, de tal forma que proveen dun aprendizaxe significativo para o estudante. Adicionalmente, Chamilo ofrece a posibilidade de deseñar tanto preguntas coma comentarios de retroalimentación moi estimulantes para o estudante, ao ofrecer a posibilidade de incorporar texto, imaxes, audio e vídeo.

A ferramenta de Exercicios podería ser chamada tamén ferramenta de Exames, dado que o seu uso non se limita soamente á realización de simples exercicios que van sumando puntos ao final dun capítulo ou módulo. Por exemplo, algúns profesores empregan a ferramenta de Exercicios coma o mecanismo para presentar novo material de estudo (en lugar de simplemente mostrar unha serie de documentos) para con elo mostrar os materiais dunha forma máis interactiva (p.e. Pedindo ao estudiante que conteste unha ou dous preguntas ao final de cada tema). Empregando a ferramenta de exercicios desta maneira, é posible manter máis atento ao estudante e enriquecer a súa experiencia de aprendizaxe grazas á posibilidade de ofrecerlle exercicios interactivos (involucrando opcións de evaluación máis de tipo “formativo” que de tipo “acumulativo”). Tamén é gratificante, e incluso divertido para o profesor o enfrentarse ao reto de crear contidos educativos máis estimulantes e enriquecedores para os seus estudantes.

Por outro lado, é un feito que en ocasións un profesor únicamente precisa un exame formal e cun límite de tempo determinado para os seus estudantes, sen a necesidade de proveer retroalimentación ou calificacións ata unha data determinada. A ferramenta de Exercicios tamén pode ser configurada para funcionar desta forma.

Debido á gran variedade de funcionalidades ou opcións que ofrece, a ferramenta de Exercicios require de certo tempo para aprender a utilizala. Na seguinte sección explícase en detalle como facer uso de todas as funcionalidades da ferramenta de Exercicios en Chamilo.

Last updated