Primeiros pasos: Documentos

Chamilo permite a importación de todo tipo de documentos (HTML, MS-Word®, MS-PowerPoint® MS-Excel®, PDF, Flash, Quicktime®, OpenOffice.org, LibreOffice, MP3, OGG, AVI, etc.) e pode ser empregado coma un simple catálogo de documentos mentras o profesor constrúe un banco de materiais (unhas poucas semanas, dependendo do contexto).

Podes renomear documentos en cualqueira momento e organizalos en directorios/carpetas. O único aspecto a ter en conta é que o usuario, por suposto, debe ter o software preciso instalado no seu ordenador para ler el documento a súa disposición. Recomendamos o uso de formatos estándar e abertos (ver nota inferior) para evitar ao alumno a necesidade de descargar ou comprar costoso software que poidera ser demasiado específico (por exemplo que non tivera outros usos) ou que resultase difícil de manter.

Con respecto ao almacenamento de ficheiros, precisas estar seguro de organizar os Documentos coidadosamente para facer máis fácil localizalos a posteriori.

Nota : A comunidade Chamilo loita por unha completa liberdade na distribución de material educativo. Desde esta perspectiva, dase unha alta prioridade ao soporte de formatos e aplicacións abertas, como LibreOffice® e o seu formato OASIS en lugar do paquete Microsoft® Office®; OGG (e as súas variantes) en lugar de MP3® ou DivX®; etc. Así, recordamoste que todas as características de Chamilo poidan ser empregadas cun simple navegador de especificacións abertas. A única excepción é a videoconferencia e os exercicios hotspot, que requiren o accesorio de Flash® (o cal é libre pero non aberto). Estamos traballando neste último elemento para aumentar a dispoñibilidade deste tipo de exercicios a dispositivos que non soporten Flash®.

Last updated